Building linguistic bridges: from Classical to Modern languages é un proxecto eTwinning desenvolvido entre o IES de Poio e o Experimental Lyceum of Agioi Anargyroi en Atenas.
.Consistíu nun curso en liña de español e grego moderno completamente deseñado, implementado e avaliado polo alumnado. No centro galego foi un proxecto interdisciplinar entre os departamentos de Grego, Tecnoloxía e dinamización lingüística no que participou alumnado de 1º de bacharelato e 4º da ESO.
Estudantes galegos e gregos produciron todos os materiais de aprendizaxe e, partindo do seu coñecemento das linguas clásicas, cada grupo de traballo internacional ensinou a súa lingua aos seus compañeiros do outro instituto. O inglés foi a lingua de comunicaión.
O coñecemento e o aprecio por unha herdanza cultural compartida servíu de base para o diálogo intercultural antre as nosas comunidades escolares.
O noso proxecto buscou mellorar a competencia lingüística e dixital do alumnado. Éste desenvolveu o seu coñecemento das linguas clásicas para converterse en bos ensinantes de linguas modernas para os seus compañeiros.
Estas son as ligazóns ao Twinspace e á páxina web do proxecto.