On a journey with the ARTist
O proxecto “On a journey with the ARTist” é a aventura que emprendemos seis colexios europeos de Bélxica, Finlandia, Grecia, Irlanda, Romanía e España da man de Jan, a nosa mascota para conseguir a través dunha linguaxe universal como é a arte (nos seus diferentes campos: pintura, música, teatro…) coñecernos mellor e seguir descubrindo que sempre son máis os aspectos que nos achegan que os que nos separan. Para levar a cabo o proxecto con éxito servímonos de numerosas ferramentas dixitais que nos facilitaron a creación de actividades e poder compartilas e intercambialas, para o que eTtwinning tamén foi clave. Ademais, tivemos a oportunidade de coñecernos nas dúas viaxes que foron organizadas para o alumnado, unha no noso colexio e outra en Bélxica.
O proxecto dividiuse en 3 anos:
- O primeiro adicámosllo á pintura onde coñecemos artistas e obras de arte dos diferentes países e posteriormente creamos e reproducimos algunhas delas utilizando distintos materiais e técnicas, converténdonos así en verdadeiros artistas.
- No segundo centrámonos na música. Ademais de coñecer artistas e pezas musicais dos distintos países, creamos a canción do proxecto e a súa coreografía.
- O terceiro adicámosllo ao teatro. Creamos unha historia colaborativa na que Jan, a mascota viaxaba polos distintos países socios. Esta obra foi interpretada en todos os colexios para as nosas Comunidades Educativas o pasado mes de xuño.
TWINSPACE DO PROXECTO: https://twinspace.etwinning. net/11118/home
PÁXINA WEB DO PROXECTO: http://art.languages.ro/