O proxecto “Life Scales Project” do IES de Beade en Vigo ven de ser galardoado co Selo de Calidade Europeo.Parabéns ás profesoras Esther Pérez e María Álvarez.
Esto é o que Esther Pérez nos conta do seu proxecto:
Este proxecto é unha extensión do noso anterior proxecto "Powers of Ten". A idea básica é a comparación das escalas presentes na natureza a través de obxectos cotiás, de xeito que o alumnado poida ter unha imaxe máis visual do tamaño dos obxectos moi, moi pequenos ou moi, moi grandes.
Neste ano o levamos a cabo cas alumnas e alumnos de 2º de PMAR. O enfoque interdisciplinar, abarcando as materias de matemáticas, bioloxía, xeografía e física, facíao moi adecuado para este alumnado. Ademáis, nesta edición participaron moitos máis países (España, Francia, Italia, Portugal, Rumanía, Macedonia e Serbia) e realizáronse moitas máis actividades de colaboración directa entre os estudantes das escolas participantes.
Na imaxe móstranse os logos do proxecto, elaborados polos propios alumnos. Un para cada unha das oito escalas da agregación da materia estudadas: átomos, moléculas, virus, células, seres vivos pluricelulares, accidentes xeográficos da Terra, corpos celestes, e, por último, galaxias.