Comprácenos compartir esta reseña do proxecto Pay it forward, do CEIP Plurilingüe Pena de Francia, de Mos, que vén de recibir un Selo de Calidade Europeo 2020.
A profesora Ángeles González Lemos, cóntanos como foi a experiencia:“Pay it Forward” inspírase na
película do mesmo nome. O lema era “420 árbores // 420 boas accións”. A
idea da cadea de favores implicaba un crecemento exponencial que ía permitir
multiplicar os efectos iniciais e alcanzar un maior número de resultados. O mesmo
tempo pretendíase que o noso alumnado aprendera a ser amable e colaborador, que
aprendera a compartir e respetar e que se decatara que todos xuntos podíamos
conseguir o cambio que queríamos ver no mundo. Levamos a cabo unha serie de
boas accións cara a comunidade e o planeta. Elaboramos un mural onde se
recollían as actividades planificadas trimestralmente.
Neste proxecto participou o
alumnado de sexto de primaria e incluíronse as áreas de inglés e plástica
contando coa participación das mestras de francés, música e relixión nalgunhas
das actividades desenvolvidas.
Desde aquí, felicitámosvos polo bo traballo!
Se tes interese, podes acceder ao seu TwinSpace, e aquí tes a portada do proxecto.