O proxecto "Des deux côtés de l’Atlantique - A los dos lados del Atlántico", no que participaron o CPI de Mondariz coa profesora Mercedes Noya e o Lycée Rivière des Pères, Basse Terre, Francia, coa profesora Mariana Chabrier despois de ter acadado o Selo de Calidade Nacional en España e Francia é un dos proxectos galegos distinguidos co Selo de Calidade Europeo.
A profesora Mercedes Noya fálanos sobre a súa experiencia:
Nas Xornadas Pedagóxicas da APFG escoitei falar por primeira vez do eTwinning e decidín darme de alta. Buscando soci@s a través da plataforma, vin a mensaxe de Mariana Chabrier, o seu centro estaba na Guadéloupe, e eu, en Mondariz. Os contrastes eran tan evidentes!
Comezamos a
falar e decidimos iniciar un proxecto, o título describía perfectamente a noso
punto de partida. Durante dous anos estivemos traballando a través do
TwinSpace temas do noso día a día. O
contraste na nosa forma de vida era moi evidente, é os dous grupos estaban moi
ilusionados por aprender cousas sobre eles e por mostrarlles o seu mundo. A
nivel profesional, creo que a motivación que lles deu ós dous grupos o proxecto
foi ó mellor de toda a experiencia durante o tempo do intercambio virtual.
E entón unha
agradábel sorpresa, dada a distancia que nos separa e o custo da viaxe, un
intercambio “real”. A finais do mes de febreiro, o grupo de franceses viaxou a
Mondariz. Durante catro días fixemos xuntos todo tipo de actividades, excursións,
escribimos artígos, xogamos para coñecer palabras en galego e en créole, os alumnos franceses fixeron un
ensaio do bac oral en español, sendo os seus correspondentes os examinadores,
etc.
Destacar a
actividade de danza que fixemos no Castelo de Vilasobroso, onde presentamos
diferentes tipos de danzas e bailamos xuntos. Esta actividade foi un punto de
encontro marabilloso, a música serviu
para romper o xeo, o feito de bailar, ter que tocarse, as risas, os traxes, foi
un comezo dunha relación entre eles que aínda hoxe segue existindo a través do
Facebook.
A verdade foi
unha experiencia xenial, traballamos moito, todos, profes e alumn@s, pero o
recordo e a amizade que obtivemos a través do Atlántico é unha experiencia
inesquecible.