26 maio 2014

▬ Let's talk and enjoy


Desde a Estrada, da man de Araceli García, do CEIP Pérez Viondi, chéganos un proxecto interesante que queremos compartir convosco. É unha proposta para practicar o inglés oral na aula, en situacións reais, falando con outros alumnos europeos.
As tarefas do proxecto son de dous tipos:
1. Tarefas de comunicación asincrónica: consisten en facer gravacións dos alumnos/as falando en inglés e compartilas cos demáis membros do proxecto para poder facer actividades de comprensión oral con elas.
2. Tarefas de comunicación sincrónica: consisten en facer videoconferencias coas demais escolas participantes no proxecto, sobre o tema correspondente á unidade didáctica. Os nosos alumnos/as falan en inglés con outros alumnos/as dos outros países membros.


No twinspace do proxecto recóllense todas as producións e as tarefas realizadas, co obxecto de que todos os socios teñan acceso a materiais reais cos que facer actividades de comprensión oral contextualizada.
Na seguinte táboa aparece a relación de membros do proxecto:
Mestre Alumnado Centro Localidade e País
Andrea Menella  16 alumnos/as de 9 anos ICDS San Filippo Umbria, Italia
Füsun- Sue Ellen Elgin 12 alumnos/as de 7-8 anos Özel Topkapı Doğa Koleji Topkapi, Estambul, Turquía
Dorota Chudecka  10 alumnos/as de 11 e 12 anos Zespół Szkół Ogólnokształcących Szarów, Polonia
Irini Darlasi  11 alumnos/as de 9 anos Δ.Σ.ΣΤΑΔΙΟΥ ΤΕΓΕΑ - PRIMARY SCHOOL OF STADIO TEGEA
Arcadia, Grecia
Araceli García  34 alumnos/as de 7-8 anos CEIP Pérez Viondi
A Estrada, Galicia, España.

E estes son os dous grupos galegos participantes: