Esta longa fin de semana, na cidade de Pontevedra aconteceron varios eventos que encheron as rúas de foráneos e locais que aproveitaron para visitar as súas familias e disfrutar do novo alumeado de Nadal. As rúas da cidade estaban engalanadas coas luces e adornos en tendas e escaparates e a xente abarrataba as prazas onde se podían atopar os equipos participantes do campionato de España de Taekondo e até 45 locais que ofrecían tapas variadas na VII edición do concurso Pontedetapas petados de xente agardando turno para degustar tapas elaboradas especialmente para a ocasión.
No recinto feiral compartían espazo Culturgal e a Xornada convocada polo CEFORE de Pontevedra Ferramentas TIC para a escola III. Avaliación dos aspectos positivos e negativos á que asistiu a profesora Estefanía Giráldez do CPR Nuestra Señora del Rosario da Coruña.
Como comentaramos nas Xornadas a dispoñibilidade dos embaixadores para falar, aclarar dúbidas sobre eTwinning previo contacto coa Embaixada Galega coas iniciativas "café con eTwinning" ou "Andaina con eTwining", aproveitou a sua estancia para quedar e tomar un café coa embaixadora Mela Rguez no café San Francisco da praza da Ferrería onde conversaron sobre as dúbidas que Estefanía xa plantexara nas Xornadas eTwinning celebradas en Santiago o 29 de Novembro.
Pronto teremos máis información do seu proxecto na nosa páxina. Esperamos que a visita resultase proveitosa e convidávosmos a achegarvos a calquera das cidades onde vivimos ou traballamos os embaixadores xa que calquera escusa é válida para visitar Pontevedra, Poio, Vilagarcía, Santiago de Compostela, Becerreá, Lugo, etc ou podedes invitarnos a tomar un café ou facer unha andaina polas vosas terras.