01 setembro 2016

AROUND THE WORLD WITH MATHS recibe o Selo de Calidade Nacional

NORABOA A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE NESTE PROXECTO!!!


Proxecto realizado entre 12 socios de 7 países, con alumnado de 12-15 anos. Ten como obxectivo resolver problemas matemáticos conectándoos con contextos xeográficos, históricos ou artísticos.É o propio alumnado o que busca a información ou crea os problemas matemáticos, e para iso utilizan o inglés como lingua de comunicación.Como produtos finais xérase un mapa interactivo no que se sitúan xeograficamente cada unha das tarefas, así como a publicación dun caderno coa colección de problemas xerados polo alumnado e unha web do proxecto que presenta tarefas, solucións e outros produtos que se desenvolveron ao longo do proxecto, así como videoconferencias entre o socio español e o socio de Turquía.O alumnado estivo directamente implicado no proxecto dende o inicio, seleccionando e producindo problemas matemáticos que tivo que resolver o alumnado socio dos outros países, comunicouse mediante videoconferencias e gravou vídeos coas solucións aos problemas. Hai unha selección adecuada das ferramentas TIC usadas, tanto para producir materiais como para presentalos.Máis información na web do proxecto.