01 dezembro 2020

United Through Creativity

O proxecto United Through Creativity da docente Esther Basanta do CEIP de Cervo ven de ser recoñecido co Selo de Calidade Europeo.


Aquí temos o seu Twinspace.

Parabéns polo excelente traballo realizado!

A profesora falanos así do proxecto:


"O proxecto 'United Through Creativity' céntrase na creatividade e na escritura creativa. Nel participaron sete escolas de sete países europeos (España, Lituania, Polonia, Rumanía, Grecia, Turquía e Portugal). Deseñáronse actividades de escritura creativa combinadas con métodos que contribúan a crear efectos positivos no clima da aula e que este favoreza a creatividade dos pequenos. Interaccionando cos compañeiros creamos produtos comúns, aprendendo a respectar a diversidade de cada un dos países, cambiando actitudes, aprendendo a valorarnos e entendernos. O tema principal foron as lendas, mitos e historias populares pero a dimensión crosscurricular do proxecto foi moi amplia pois incorporamos o resto das materias.


O proxecto integrou a Lingua estranxeira, as ciencias e tamén contidos de plástica. De acordo co Marco Común Europeo das Linguas e co currículo do inglés como lingua estranxeira, a competencia comunicativa e a dimensión cultural debe ser tida en consideración no sentido de que representa tanto a identidade cultural como colectiva. Neste sentido, e dacordo co currículo nacional e as orientacións do Marco Común Europeo das Linguas, o proxecto tiña un enfoque centrado no alumno. A partir deste enfoque tiñan que identificar e comparar aqueles símbolos de 'identificación nacional' e reflexionar sobre os estereotipos, recoñecer as similitudes e diferenzas entre o seu propio contexto socio-cultural e o contexto dos outros e relacionar esas similitudes e diferenzas coa súa propia cultura e educación. Empregando o lema 'Creating, Communicating, Our Diversity We Are Celebrating' como elemento de unión. Investigaron e traballaron contidos lingüísticos mentras creaban poemas acrósticos, poesía acerca do seu contexto (topos), poemas e cancións centradas en valores humanos, escribiron borradores e finalmente unha historia en común. Finalmente esa historia converteuse nunha peza teatral. Coa A de Arte expresamos infinidade de aspectos das nosas respectivas culturas, valores humanos e ilustracións das nosas historias e debuxos, transmitindo e variando a maneira na que ven o mundo ao redor deles e impulsando a súa creatividade.

A maiores, no noso colexio, este proxecto eTwinning (que era paralelo a un Erasmus) estivo completamente integrado no proxecto anual da nosa biblioteca escolar. Isto significa que o que se estaba a desenvolver en eTwinning e Erasmus tamén estaba a ser traballado por todo o profesorado e adaptado aos diferentes grupos e niveis. A programación xeral anual, os proxectos lingüísticos, a formación do profesorado, e as programacións de nivel fóronse desenvolvendo paralelas con aqueles obxectivos reflexados no noso proxecto 'United Through Creativity'