O día 12 de decembro celebrouse unha sesión formativa sobre eTwinning no IES POETA DÍAZ CASTRO, en Guitiriz, Lugo.
Asistiron 18 docentes do centro, co ánimo de encontrar un uso contextualizado da aula Abalar con proxectos eTwinning.
Podes consultar máis sobre ela neste enlace.
O pasado día 30 ás 16.00 horas, tivo lugar no IES DAVID BUJÁN de Cambre unha sesión formativa sobre eTwinning.
Asistiron once profesores do centro, interesados nos proxectos europeos en xeral e no eTwinning en particular. Teñen unha ampla traxectoria de participación, como podedes ver na súa páxina, mais o eTwinning é un tipo novo de proxectos nese instituto, de aí a importancia desta sesión de divulgación.
Podedes consultar toda a información neste enlace.