13 fevereiro 2020

IES Monte das Moas

 Os días 30 de xaneiro e 13 de febreiro tivo lugar unhas xornadas de formación para un grupo de traballo que hai no IES Monte das Moas. Non coinciden as datas coa presentación porque houbo un inconvimte e adiamos o inicio dúas semanas.
A formación consistiu en explicación do que é eTwinning, moverse polo eTwinning Live, facer un evento con Adobe Connect e formación/convocatorias.
A presenza das nove persoas que había foi moi agradable e o trato recibido moi bo.
Á pregunta final de como buscar socios foi a mais difícil de responder , e é un traballo que esperemos lles sexa compensado pola boa idea que teñen plantexada (non vou facer spoiler)



19 janeiro 2020

Encontro Internacional Erasmus+ Ferrol

Os días 15 e 16 de xaneiro, celebrouse en Ferrol o Encontro Internacional Erasmus+, o obxectivo fundamental era difundir e formar sobre experiencias de internacionalización de proxectos e centros educativos.
Nese contexto, a Embaixada eTwinning foi convocada para dar a coñecer o programa eTwinning non só como potencial sistema de internacionalización de proxectos e centros, senón como ferramenta indispensable para a organización didáctica do Erasmus+.
Así, Susana Vázquez asistiu o día 16 para levar a cabo esa aproximación a eTwinning a máis de cen profesores asistentes, sendo presentada e precedida por Luz Ares, asesora eTwinning na Consellería de Educación.
Achégase o programa do Encontro Internacional Erasmus+ Ferrol.