Entre os días 29 de setembro e 1 de Outubro, asistín en Rodas (Grecia) ao PDW for Ambassadors de 2016.
Máis dun oitenta e cinco por cento dos asistentes eran novos embaixadores de menos de cinco anos.
A
acollida por parte do NSS Griego con Irene Pateraki á cabeza foi moi
boa. Obsequiáronos cuhna visita turística por Rodas en autobús e unha
cea amenizada con música de Grecia e Chipre o sábado.
A
expedición española que saliu o día 28 cara o país do Olimpo, estaba
composta por Miriam Olga Cecilia del SNA, e miembros da embaixada: Marta
Pena (Cuenca), Emilia Badenes (Formentera), Elena Zorrilla (Burgos),
Estíbaliz de Miguel (Madrid) e Aarón Bernárdez (Ourense).
Aparte
das sesións plenarias de introdución e clausura, ofrecéronse numerosos
talleres de diversa temática para que elixíramos aqueles que máis se
axustaban aos nosos intereses e necesidades como embaixadores, catro en
total de entre seis en cada tanda. Foron bastante dinámicos e prácticos
e, xa que se apoiaban en diapositivas e exercicios de grupo, podían
seguirse ben aínda que o nivel de inglés meu non fora moi bo.
Aos "workshop" que asistín fueron:
-
How to motivate teachers con Rita Zurrapa do NSS Portugués.
Estivo
bastante ben e apoiouse en moitos videos como o de Ken Robinson e Rita
Pierson. Fïxonos reflexionar acerca do importante papel que o
profesorado temos como axentes do cambio que debe producirse nos alumnos
e nos recordou qué é o que nos fai sentir ben e nos motiva cada día a
seguir ensinando para mostrar que eTwinning pode axudarnos a manter e
aumentar ese nivel de motivación en todo o profesorado.
-
-
Design thinking for improving eTwinning con Kornelia Lohynova, Bratislava. Preparar, encontrar o foco do problema, traballar e innovar unha solución.
-
Quality Label criteria
con Irene Pateraki del NSS Griego. Práctica de un ou dou proxectos nos
cales se puntuaría para ver se conseguían o selo de calidade ou non.
Autor: Aarón Bernárdez