14 setembro 2011

▬ Pek, a Pulga Viaxeira

O proxecto Pek, the Traveller Flea, naceu coa finalidade de crear un libro de banda deseñada entre varios centros europeos. Un dos obxectivos era que o alumnado de FP Informática do IES San Clemente de Santiago de Compostela puidesen crear algo real utilizando os coñecementos adquiridos no módulo Aplicacións Ofimáticas do ciclo SMR, impartido polo profesor Marcos Vence.

O resultado foi moi satisfactorio, e o proxecto desenvolveuse un ano máis, no que se reforzou a interacción entre estudantes, a utilización de linguas estranxeiras, a aprendizaxe de ferramentas de traballo colaborativo e a creación en diferentes soportes (cuncas, camisolas, autocolantes e marcapáxinas).

Este ano estamos iniciando a terceira edición co sobrenome de Evolution, no que pretendemos potenciar o traballo colaborativo entre estudantes e restar importancia ao libro de cómic como resultado final. Incorporouse o profesor de debuxo Ciro Sánchez e os seus alumnos de bacharelato artístico do IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía de Arousa.

A base deste proxecto está na integración dos diferentes traballos realizados por máis de cen alumnos, como se se tratase dun puzzle, obtendo un resultado final coherente... e tanxible.
_ _ _

Actualizacións:
  • A terceira edición do proxecto Pek gañou o premio europeo na categoría 16+ e o proxecto continuou nos anos posteriores.
  • En 2020 celebramos o 10º aniversario de Pek, co lanzamento do 5º número do libro de banda deseñada. 

Tedes toda información completa sobre todas as edicións nesta páxina:

.

13 setembro 2011

▬ Teaching each other

Durante o curso 2009-2010 alumnado do IES de Poio en Galicia, do Gymnázium Hansa Selyeho en Eslovaquia e do instituto Breivang en Noruega traballou no proxecto Teaching each other.

Este proxecto foi galardoado no ano 2011 co Premio europeo ao mellor proxecto en lingua española.

Carmen Fernández, do IES de Poio:
"Aquí vos deixamos unha presentación sobre a nosa primeira experiencia na plataforma eTwinning."




    09 setembro 2011

    Embaixadores eTwinning


    Os embaixadores xorden tralas orientacións dadas polo Servizo Central de Apoio, en Bruxelas, en relación co apoio local e rexional dos profesores eTwinning, co obxectivo de contribuír ao aumento da calidade dos proxectos e á difusión da Acción eTwinning.

    En España, a rede estase xerando actualmente e depende das necesidades de cada Comunidade Autónoma, que é quen decide se terá embaixadores e quen serán.

    Funcións
    1. Colaborar coas autoridades autonómicas e co SNA en actividades de formación do profesorado (relatorios en cursos, visitas a escolas, encontros bilaterais e multilaterais) relacionadas con eTwinning.

    2. Difundir a acción eTwinning.

    3. Intercambiar con outros embaixadores da súa propia rede e outras redes autonómicas as súas experiencias como embaixador e achegar suxestións sobre posibles actuacións .

    4. Participar na rede europea de embaixadores.

    5. Informar anualmente ao coordinador autonómico e ao SNA das súas actividades como embaixador e propor actuacións de mellora.

    6. Enviar novas á prensa local sobre eventos eTwinning (proxectos premiados, xornadas, visitas a centros, etc.).

    7. Enviar noticias aos portais educativos das CCAA para a súa posible publicación.

    08 setembro 2011

    Embaixadoras galegas

    Ademais do Servizo Nacional de Apoio e dos representantes nas comunidades autónomas, existe uma rede nacional de docentes embaixadores e embaixadoras que apoian a promoción e implementación da acción eTwinning a nivel rexional.

    Actualmente, en Galicia son:

    Mela Rodríguez Montegrifo
    Profesora de Inglés e Plástica CLIL
    CEIP Manuel Vidal Portela
    Pontevedra



    Susana Vázquez Regueiro
    Profesora de P. T. no IES Poeta Díaz Castro.

    Profesora Asociada na USC. Depto. Pedagoxía e Didáctica
    Guitiriz


    Patricia Conde Pardo
    Profesora de Inglés
    Escola Oficial de Idiomas
    Ourense
     

    Carmen María Fernández Rodríguez
    Profesora de Inglés
    Escola Oficial de Idiomas
    A Coruña

    Esther Pérez Fernández
    Profesora de Matemáticas, Coordinadoras Erasmus+, KA101 e KA229
    IES de Beade
    Vigo




    E foron:

    Marcos Vence Ruibal
    Profesor de FP Informática, CLIL portugués, KA102 e KA103
    IES San Clemente
    Santiago de Compostela

    Setembro de 2011 a agosto de 2022

    Carmen Fernández Vázquez
    Profesora de Latín, Coordinadora Erasmus+ KA229
    IES de Poio
    Poio

    Setembro de 2011 a agosto de 2022

    Aarón Bernárdez Pérez
    Profesor de Audición e Linguaxe
    CEIP Filomena Dato

    A Valenzá, Barbadás, Ourense
    Setembro de 2016 a agosto de 2022

    Cristina París Brandariz
    Profesora de FP Informática, Erasmus+ KA102 e KA103
    I
    ES San Clemente
    Santiago de Compostela
    Decembro de 2014 a setembro de 2018
    Ana Arias Castro
    Profesora de Inglés e CLIL
    CPI Tino Grandío
    Guntín

    Xaneiro de 2013 a maio de 2014


    Se tes interese en dar visibilidade ao teu proxecto, ou en recibir asesoramento (a distancia, charlas, exposicións, seminarios, grupos de traballo, etc.) podes contactar connosco en embaixada.etwinning@edu.xunta.gal

    A liña de actuación da embaixada galega é a seguinte:
    As iniciativas dos embaixadores eTwinning en Galicia non forman parte dos seus traballos, senón do tempo de lecer.

    Dende outubro de 2017 desenvólvense en coordinación co equipo de Formación, innovación e internacionalización do CAFI e a Asesoría de Internacionalización da  Educación.

    As representantes en Galicia son Sonia Vázquez Gómez e Patricia Ares Yáñez: etwinning[@]edu.xunta.gal

    Teléfonos:  981 546 545 / 981 546 533


    A institución que proporciona soporte loxístico e económico á Embaixada é o IES San Clemente de Santiago de Compostela.




    Que é eTwinning

    eTwinning é unha iniciativa que apoia proxectos na rede entre dous ou máis centros escolares de varios países europeos. Os centros escolares crean un proxecto e lévano a cabo utilizando as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Posto que os centros traballan utilizando Internet, non existen bolsas, nin papelame. Tampouco é necesario coñecerse persoalmente.

    Que podo facer nun proxecto eTwinning?
    Os socios poden traballar sobre calquera tema que desexen. Os proxectos deben repartirse equitativamente entre o uso das TIC e mailas actividades de clase, adaptándose ás programacións. Un dos obxectivos de eTwinning é mellorar os coñecementos das TIC.

    O tema a desenvolver pode ser dunha mesma materia ou multidisciplinar. 
    Poden participar centros de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional.


    Inscrición