17 dezembro 2019

ROBOT EUROPEAN DANCE


A profe Tamara Carreira, envíanos este artigo sobre o proxecto “Robot European Dance” que integraba a robótica e a cultura propia, e tiña por obxectivo promocionar o baile tradicional mediante a programación de robots bailaríns. Cada centro debía programar unha coreografía típica do seu país e compartila co resto de socios, para que todos coñecesen e bailasen as danzas propias de cada lugar cos seus respectivos robots. Como proxecto final, debíamos deseñar unha danza colaborativa e bailar todos xuntos por videoconferencia.

Participamos cinco centros de tres países diferentes (dous españois, dous polacos e un grego). No noso caso, o alumnado participante cursaba 4º curso de E. Primaria e os robots empregados eran os mBots do Programa da Consellería de Educación "Introdución á Robótica Educativa na Educación Primaria". Pero as idades dos demais participantes, así como os robots empregados, eran moi variados; o que dificultaba a programación e propoñía retos que debiamos resolver en equipo.
O primeiro paso, foi  coñecer os mBots e explorar as súas posibilidades. Fixemos unha pequena presentación para os demais centros participantes e tamén coñecemos os robots que eles empregarían: beebots, ozobots, photón, thymio... Ata votamos polo noso robot favorito.

Despois comezamos a preparar a nosa coreografía. 



A “Muiñeira dos Nenos” foi a música e danza elexida, adaptándoa ás posibilidades dos mBots. Programamos puntos e picados para os bailadores e bailadoras. E cando o baile estivo rematado, vestimos os mbots con saias e monteiras para a ocasión e gravámolo en video para que reproduciran os nosos compañeiros.     
A nós tocounos facer o mesmo cos seus bailes: o chotis, o valse, a gerakina, as sevillanas, a polonesa... Foi moi divertido e enriquecedor visualizar os videos e tratar de 
decodificar cada paso. Había que calcular tempos, velocidade, ángulos de xiro...
Cando todos bailamos todas as danzas, comezamos a elaborar unha coreografía conxunta. E de aí saíu a danza final que bailamos mediante videoconferencia coa música “It’s a small world”. Para finalizar, autoavaliámonos e cada centro elixiu o seu baile favorito. Como curiosidade, a muiñeira saíu elexida como a danza máis fermosa de todas as traballadas.
Con este proxecto, os tres países participantes recibimos o Selo de Calidade Nacional e, posteriormente, tamén o Selo de Calidade Europeo. A prensa escrita fíxose eco deste recoñecemento e o programa Luar da Televisión de Galicia convidounos a bailar a nosa “Muiñeira dos Robots” en directo para os seus telespectadores.

GENIALLY
XORNAL “LA VOZ DE GALICIA” 
PROGRAMA LUAR

15 dezembro 2019

▬ Culture, heritage, action! Undoing walls, building bridges

As profesoras Edelmira Riero, Francisca Martínez e Beatriz Dorao, xunto co seu alumnado do CPR ALCA de Ames, veñen de conseguir o Selo de Calidade Europeo co proxecto Culture, heritage, action! Undoing walls, building bridges.

Desde a Embaixada eTwinning Galicia dámoslles os parabéns!

Máis información:

06 dezembro 2019

▬ Celebrating books


O proxecto Celebrating Books foi o primeiro proxecto eTwinning de colaboración entre escolas de idiomas en Galicia, a saber, a Escola de Idiomas de Vigo, a Escola de Idiomas de A Coruña e a Escola de Idiomas de Vilagarcía de Arousa.

En total participaron cinco profesoras en Galicia, dúas profesoras en Turquía e unha profesora en Italia.
Todas as profesoras participantes obtiveron Selo de Calidade nos seus respectivos países e o proxecto foi asimesmo galardoado co Selo de Calidade Europeo. 

O proxecto levouse a cabo de modo paralelo en inglés e alemán.

Esta iniciativa pretendía fomentar a lectura e escritura creativa entre o alumnado de linguas estranxeiras. Con este propósito os nosos alumnos compartiron opinións sobre os seus libros favoritos e crearon ós seus  propios relatos de forma colaborativa.

Unha vez escritas as diferentes historias, os alumnos tiveron un tempo para ler e escoller a mellor de todas. Aquí tedes unha ligazón ao relato gañador: https://issuu.com/inetwinningeoi/magic_book



▬ The wonderful world of nature

O proxecto “The wonderful world of nature” do IES de Beade en Vigo ven de ser galardoado co Selo de Calidade Europeo. Noraboa ás profesoras Esther Pérez e Celia Fernández.


Esto é o que Esther Pérez nos conta do seu proxecto:

O noso proxecto “The wonderful world of nature” é a plataforma dixital esencial no desenrolo do programa Erasmus + de intercambio escolar que estamos a realizar xunto cos nosos socios europeos de Francia, Italia e Letonia.
O obxectivo principal do proxecto no curso 2018/19 foi a análise de ecosistemas acuáticos da nosa contorna. Cada centro avaliou as compoñentes e o estado de conservación dun ecosistema en particular, e compartiu logo os resultados a través da plataforma do Twinspace. Acompañando a ese estudo realizáronse actividades complementarias, como xogos en Scratch que promoven a conservación do medioambente. Tamén elaborouse de xeito colaborativo, entre todos os países, un xogo de mesa de preguntas e respostas sobre a auga, un dos recursos naturais esenciais, así como un calendario con imaxes dos ecosistemas estudados.
O alumnado realizou tamén visitas a centros de investigación, universidades, centrais hidroeléctricas, depuradoras de auga, ou centros de reciclaxe, para fomentar a súa concienciación sobre a problemática medioambiental, e logo puso en práctica nos centros parte do aprendido, coa realización de pequenos experimentos.
Por último, en cada centro se presentaron propostas para contribuír á mellora da conservación da natureza, como xardíns ecolóxicos, estanques para anfibios, arte con materiais reciclados...

02 dezembro 2019

Iníciate en eTwinning - 3ª edición

Vén de finalizar con grande éxito a terceira edición do curso de Platega Iníciate en eTwinning, da nosa Embaixada.

Participaron con grande motivación, 83 docentes de Galicia que aprenderon a desenvolverse no eTwinning Live, Groups e TwinSpace.

Practicamente todo o traballo foi realizado nas plataformas de eTwinning. Podedes ver as súas impresións no Diario do Proxecto e en Twitter.

30 novembro 2019

▬ En paradero desconocido


Dun proxecto que contaba cos centros participantes de Francia, Valencia, Pamplona, Alacante, e o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, xurdiu o proxecto "EN PARADERO DESCONOCIDO : Movimiento Juvenil para la Recuperación de nuestra Memoria Histórica".

A profe María Jesús Martínez Martínez do IES Pedras Rubias foi unha das galardonadas cos delos de Calidade Nacional e Europeo.Con este proxecto querían dar a coñecer que sucedeu no franquismo, e que é a lei sacada 70 anos despois sobre a memoria histórica. 

Como pon no seu obxectivo principal que recollo literal "Con este proyecto, pretendemos sensibilizar e implicar a nuestros alumnos de instituto poniéndolos a contribución del proyecto general de recuperación de nuestra memoria y de nuestra identidad."

Os obxectivos que perseguía era valorar a herdanza cultural e o pensamento libre, construír cultura, reflexionar e argumentar sobre diversas liberdades, proporcionar instrumentos de análise principais do historiador, potenciar a lectura e os climas de colaboración e cooperación.

Querían realizar un proxecto final cun libro literario, un mapa de desaparecidos, pero ante todo, crear un grupo de mocidade por unha causa nobre.

No medio do proxecto tamén aparece un ERASMUS KA-229 do proxecto TOTEM "Estrechando lazos con Europa", e actividades teatrais e sobre a muller, e outras con escritores da temática. Tamén viron filmes como as trece rosas.

Os nosos parabéns polos merecidos premios e desexamos que eTwinning fose importante para toda a vosa evolución, e animarvos a facer mais.

▬ Our forests, our life

Preséntanos o proxecto Aarón Bernárdez, do CPI Mondariz:



Coa finalidade de continuarmos coa boa experiencia coa miña socia turca dos dous proxectos anteriores, propúselle realizar un que tivera de temática os nosos bosques, xa que era o tema do centro durante este curso 18-19. Ela propuso STEAM e decidimos unilos engadindo robótica infantil.
Twinspace: https://twinspace.etwinning.net/79649/home


Entre os obxectivos estaban traballar o relacionado con STEAM, con robótica, seguridade en Internet, mellorar as relacións co alumnado dotros países, aprender sobre os nosos bosques e animais, etc






As actividades que traballamos:
Normas de seguridade e información de nosos centros e nosoutros.
A continuación pegadas de animaiss do noso bosque e miramos con lupas elementos da natureza.

Traballar un animal en perigo de extinción e facer arte coa naturaleza en otro mes.
Xogar coa robótica, e realizar un quebracabezas común.

Usamos as seguintes ferramentas TIC:
  • Los recursos utilizados fueron diversos: 
  • animoto
  • padlet (ata a saciedade)
  • adobe connect
  • pic collage
  • survey monkey, etc

REcibimos os seguintes selos, de Calidade Nacional e Europeo:



29 novembro 2019

Selos de Calidade Europeos 2019



Vén de ser publicada a lista de Selos de Calidade Europeos eTwinning 2019, que pode ser consultada nesta ligazón.

A continuación destacamos os proxectos e profesorado galegos que obtiveron este recoñecemento: 20 selos en total!



Parabéns ao profesorado, ao alumnado e aos centros!!!!


Arancha Pernas Temes
CEIP Plurilingüe de Abanqueiro
Boiro
Show your love
Aarón Bernárdez
CPI Mondariz
Mondariz
Our forests, our life
Alexandre Dapena Mora
IES San Clemente
Santiago de Compostela
Letras Galegas 2019 - Antón Fraguas Fraguas
Marcos Vence Ruibal
IES San Clemente
Santiago de Compostela
GaliMinho - Empreendedorismo da Eurorregião
Marcos Vence Ruibal
IES San Clemente
Santiago de Compostela
Um parafuso a menos
María Dolores Díaz Rifón
IES San Clemente
Santiago de Compostela
AtlânticoVET
Beatriz Dorao
CPR Alca
Ames
Culture, heritage, action!
Undoing walls, building bridges
Edelmira Riero
CPR Alca
Ames
Culture, heritage, action!
Undoing walls, building bridges
Francisca Martínez Rodríguez
CPR Alca
Ames
Culture, heritage, action!
Undoing walls, building bridges
Carmen Fernández Vázquez
IES de Poio
Poio
Viva el arte culinario y la vida sana
Carmen María Fernández Rodríguez
EOI A Coruña
A Coruña
Celebrating Books
Loly González
EOI de Vilagarcía de Arousa
Vilagarcía de Arousa
Celebrating Books
Maria Isabel Iglesias
EOI de Vilagarcía de Arousa
Vilagarcía de Arousa
Celebrating Books
Victoria Penide López
EOI de Vilagarcía de Arousa
Vilagarcía de Arousa
Celebrating Books
Patricia Conde Pardo
EOI de Vigo
Vigo
Celebrating Books
Celia Fernández
IES de Beade
Vigo
The wonderful world of Nature
Esther Pérez Fernández
IES de Beade
Vigo
The wonderful world of Nature
Lorena Roade Suárez
Hijas de Jesús
A Coruña
Past Generations, New Innovations.
María Jesús Martínez Martínez
IES Pedras Rubias
Salceda de Caselas
En Paradero Desconocido:
Movimiento Juvenil para la Recuperación
de nuestra Memoria Histórica
Tamara Carreira Astray
CEIP Plurilingüe de Sigüeiro
Oroso
Robot European dance


13 novembro 2019

▬ Rrrrrr : Renunciar, Reducir, Reparar, Reutilizar, Reciclar, Restituír a Terra

O I.E.S Valle Inclán de Pontevedra xunto con  tres institutos  franceses, o Jean Vilar, de Villeneuve Lez Avignon, onde o alumnado estuda o español e teñen a educación física nesa lingua, o Erea de Versailles e o Felix Faure de Beauvais teñen novo Proxecto eTwinning neste cursos escolar..
 O  contido do proxecto Rrrrrr : Renunciar, Reducir, Reparar, Reutilizar, Reciclar, Restituír a Terra podiamolo resumir así:
Trátase dun proxecto que ten por temática principal o desenvolvemento sostible e máis particularmente a xestión dos residuos ao redor de 6 accións clave: Renunciar, Reducir, Reparar, Reutilizar, Reciclar e Restituír a Terra. Desexamos que o noso alumnado reflexione sobre a súa xestión diaria (na casa e no instituto) dos residuos e fagan suxestions para mellorar.
Os alumnos/as comezan por coñecerse (preséntanse e ensinan o medio no que viven)  e así defínense os termos do proxecto.
Logo solicítaselles que deseñen un logo, un slogan publicitario, xogos virtuais e titoriais e, en segundo lugar, que fagan unha acción concreta no seu centro relacionada co proxecto.

OBXECTIVOS
  1. Mellorar as competencias do alumnado en informática (utilización das TICS)
  2. Mellorar as competencias en linguas estranxeiras (Francés).
  3. Abrirse aos outros  (a nivel local e europeo)
  4. Permitir ao alumnado ter unha visión sobre o mundo que os rodea: Ser cidadáns conscientes
  5. Fomentar o respecto mutuo fronte aos demais e ao seu contorno.
  6. Abrirse a novos hábitos de vida, desenvolver novos coñecementos, saber facer.
  7. Colaborar con asociacións locais, pais, etc...
  8. Observar, comprender, imaxinar (exercer a creatividade) .
  9. Desenvolver unha mente crítica para cuestionar e emprender mellor.
  10. Entenderse no seo dun grupo para levar a cabo un proxecto.
  11. Escoitar as opinions dos outros, saber escoitar.
  12. Entrar nunha dinámica de traballo (a curto, medio e longo prazo)


Docencia no CPR Eduardo Pondal

Hoxe queremos dar  a benvida aos novos etwineiros do CPR Eduardo Pondal en Cangas na súa primeira sesión de docencia coa embaixadora Mela Rguez.
Espero que a sesión fora proveitosa e empecemos a encarrilar novos Proxectos nesta nova andaina.
Graciñas Conchi por terme convidado!

16 setembro 2019

▬ OPTIME

“Orientados ao patrimonio cultural e a inclusión desde unha mirada europea” (OPTIME) é un proxectoo eTwinning vencellado a  unha Asociación escolar Erasmus+ KA229 de Intercambio entre centros escolares.

Trátase dun proxecto transnacional  deseñado por catro centros escolares no marco do ET2020, o Ano Europeo de Patrimonio Cultural e a Declaración de París.

A nosa asociación inclué catro institutos de España, Italia, Bulgaria e Austria: o IES de Poio na localidade do mesmo nome, o Instituto Tecnico Statale Economico Raffaele Piria- Ferraris/ Da Empoli en Reggio Calabria, o Instituto Bilingüe Miguel de Cervantes en Sofía e o Bernoulligymnasium en Viena. O alumnado participante ten entre 15 e 18 anos.

O obxectivo xeral do noso proxecto consiste en crear unha rede escolar de cooperación e intercambio de boas prácticas que nos permita desenvolver unha aprendizaxe baseada en proxectos sobre o tema do patrimonio cultural europeo cun tratamento transversal da inclusión social. Reforzaremos así a nosa dimensión europea e a capacidade de enfrontar novos desafíos.

A nosa motivación reside no coñecemento e o compromiso co patrimonio cultural material e inmaterial. Entendemos que é un recurso fundamental para o crecemento económico, o emprego e a cohesión social. Ten, polo tanto, un gran valor educativo.

O noso proxecto busca, ademais, promover a inclusión social, incidindo na loita contra a discriminación, a segregación, a xenofobia, o acoso escolar e a violencia.

Outros obxectivos son mellorar a competencia social, cívica e intercultural, a competencia lingüística en lingua materna e linguas estranxeiras e a competencia dixital. Promoveremos o empredemento e a empregabilidade para facilitar ao noso alumnado o acceso ao mundo do traballo nun contexto europeo.

Realizaremos catro Actividades de intercambio de curta duración de alumnado. Nelas desenvolveremos: obradoiros de conversación e restauración de bens culturais, de voluntariado en preservación de patrimonio; obradoiros de inclusión e integración, de mediación escolar entre iguais; obradoiros de TICs, de emprendemento e orientación profesional; seminarios, conferencias, visitas a patrimonio. Nos períodos intermedios cada centro organizará obradoiros de diseminación das Actividades transnacionais,conferencias, sesións de traballo para o desenvolvemento do noso proxecto e a elaboración de produtos finais.

Desenvolveremos un proxecto eTwinning e traballaremos en liña de xeito colaborativo no Twinspace nos períodos entre mobilidades. 

Propiciaremos a participación de axentes externos a nivel local e rexional para compartir unha rede de cooperación a nivel europeo. En Galicia cooperan co proxecto a Escola Superación de Restauración e Conservacións de Bens Culturais de Galicia, a Sección de Filoloxía Clásica da Universidade de Santiago de Compostela e a Sección Galega da Sociedade española de Estudos Clásicos e mais o Concello de Poio. En Reggio Calabria cooperan o Concello e a asociación Italia Nostra. En Viena colaboran o Concello e a asociación Österreichischer Integration Fonds. En Sofía contamos coa colaboración da Sección de Filoloxía Hispánica da Universidade de Sofía e a Nova Universidade de Sofía, do Concello e da Axencia Turística Elfie Tours.

Consideramos que tanto o coñecemento como o aprecio por un patrimonio cultural compartido e á vez diverso, axudarannos a fomentar o diálogo intercultural e a inclusión social nas nosas comunidades educativas, pertencentes a contornas socioculturais e económicas moi diversas.

Esta é a páxina web do noso proxecto.
Este é o Twinspace do noso proxecto eTwinning.