25 maio 2022

▬ #SUMATEALAPETANCA


Presentamos un dos proxectos eTwinning desenvolvidos dentro do Plan Proxecta na modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.


Trátase do proxecto #SUMATEALAPETANCA realizado entre o Ceip Plurilingüe Porto Cabeiro de Redondela (España) e o College Canterane de Castedenau de Médoc (Francia).

A coordinadora do proxecto cóntanos o seguinte: 

"Tentouse buscar un socio francés dun entorno que xa tivese tradición de xogar á petanca ao igual que o entorno do noso alumnado para darlle continuidade a idea de que en diferentes países se desenvolve un mesmo xogo.

Na consecución deste proxecto participaron 3 mestras e un total de 24 alumnos/as de 9/10 anos e 18 alumnos/as de 12/13 anos. Centrouse no xogo da Petanca tratándoo  nun traballo interdisciplinar entre as  materias de Educación Física, Lingua Castelá, Lingua Galega, Arts (Plástica), Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e sesións de Informática, buscando o desenvolvemento das competencias clave, partindo da investigación sobre o patrimonio lúdico, transmitido polos maiores que rodean aos alumnos/as. Trátase de chegar a erradicar que é un xogo de maiores.

O alumnado foi o protagonista do deseño, da elaboración de actividades e do produto final. Traballou de xeito colaborativo cos seus compañeiros socios.

Deixamos neste genially en que consistiu o proxecto.



Este é o Twinspace do proxecto.

09 maio 2022

▬ Un salto en Roma


Un salto en Roma  foi un proxecto  eTwinning desenvolvido con alumnado entre 14 e 16 anos. polo IES de Poio, o  Agrupamento de  Escolas  Sá de Miranda de Braga e o  Liceo  G.  Peano de Roma,

O proxecto buscou  traballar competencias clave, especialmente a lingüística, dixital e social,  ademais de desenvolver  o  curriculum de Latín no centro español e de Lingua española nos centros portugués e italiano. Para iso creáronse  equipos internacionais que se repartiron as distintas seccións dunha revista dixital

O primeiro número da revista tratou temas xerais e o segundo número da revista abordou o tema do ano en  eTwinning: os centros educativos e a nova  Bauhaus europea.

Os obxectivos do poxecto consistiron en mellorar competencias clave, fundamentalmente a competencia dixital e lingüística e competencias sociais e cívicas., abordar o  curriculum das nosas materias dunha forma innovadora, fomentar a autonomía do alumnado na súa aprendizaxe e favorecer a comunicación intercultural. 

Tras unha fase de presentación de alumnado, dos seus centros e localidades e de elección de  logo,


organizados en grupos internacionais prepararon o número 1 da revista manexando a bibliografía dispoñible no  Twinspace. Cada equipo tiña un foro onde se repartiron distintas funcións na revista e ían chegando acordos para os contidos.

Para o número 2 o  Twinspace tiña bibliografía sobre a nova  Bauhaus europea e sobre a educación na Antiga Roma para integrar  o tema  curricularmente en Poio.

Esta e a ligazón ao Twinspace

07 maio 2022

eTwinning na Facultade de Ciencias da Educación, Santiago

 



O pasado venres día 6 de abril, a Facultade de Ciencias da Educación, da USC, daba cabida aos proxectos eTwinning nunha xornada organizada por Carol Gillanders, Raúl Eirín e Isabel Dans e á que daba apertura Carmen Morante, Decana da Facultade. Durante a mañá, o programa europeo foi presentado aos futuros docentes, achegando información desde moi diversas perspectivas:

  • A Administración, a través de Patricia Ares, chegada desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.


  •    A Facultade de Ciencias da Educación, a través de representantes do profesorado e alumnado participantes nos proxectos eTwinning desenvolvidos, por vez primeira, na USC con alumnos e alumnas universitarios.
  • Profesores de EP, con ampla traxectoria en proxectos europeos e colaboradores coa Facultade.
  • A Embaixada eTwinning en Galicia, con Susana Vázquez, que presentou a filosofía do programa exemplificado no proxecto actual do seu centro: Cadea de hoteis de insectos.


Podes ver aquí o programa.

Na xornada, destinada a público en xeral, pero especialmente para alumnos do Grado en Formación do Profesorado de EI e EP, reuniu a preto dun centenar de persoas para ser testemuña do que se está a desenvolver na Facultade e para animar á participación nos TFG e TFM, facendo parte das experiencias presentadas na convocatoria dos Premios ITE 2022.

eTwinning é un programa innovador para implementar nos centros educativos galegos... que mellor que coñecelo desde a propia formación inicial do profesorado?


Parabéns pola iniciativa!

02 maio 2022

▬ LusoMicroFonia

 

Proxecto eTwinning desenvolvido no ano escolar 2021/2022 por profesorado e alumnado do IES San Clemente, Santiago de Compostela, do AE Carlos Amarante, Braga, Portugal e do Centro Paula Souza, São Paulo, Brasil.


 

No centro galego participou o alumnado dos ciclos PluriFP SMR e ASIR coa coordinación de Marcos Arias, Beth Oliveira e Marcos Vence, coa colaboración de José Freire e tendo como socia portuguesa a profesora Adelina Moura e socio brasileiro Álvaro Filho.






O alumnado participante estudaba cursos profesionais de Informática. Traballaron temas relacionados cos módulos Aplicações Ofimáticas, Aplicações Web e lingua portuguesa (PLEP). Obxectivo principal: crear un canal de podcast lusófono para o seu uso continuado por parte de todas as escolas interesadas e dotalo de contido inicial, alén de adestrar a expresión oral en portugués.

Máis información: