27 fevereiro 2012

▬ Nos encontramos en el Camino






O proxecto "Nos encontramos en el Camino", no que participaron o IES de Poio (profesora Carmen Fernández) xuntamente con alumnado do Gymnázium Hansa Selyeho de Komárno (profesora Katalin Kanozsay) e do Lycée Thierry Maulnier de Niza (profesor Juan Pierre-Alain) conseguiu o Selo de Calidade Nacional en Francia, Eslovaquia e España, o Selo de Calidade Europeo e o Premio Nacional en Eslovaquia e España.

O Camiño de Santiago, declarado polo Consello de Europa Itinerario cultural Europeo, foi o tema escollido polos nosos alumnos para o seu traballo en común. Alumnos eslovacos e franceses que estudaban español xuntamente con alumnos españois que estudiaban francés percorreron xuntos virtualmente diferentes tramos do Camiño de Santiago.




▬ Leo para comprender mellor o mundo que me arrodea


Un novo proxecto eTwinning une ás profesoras Rosa Medeiros e Paula Matos, da Escola Básica Francisco Ornelas da Câmara, en Ilha Terceira, e Susana Vázquez, do CEIP Virxe do Portal, en Sobrado.

O alumnado con dificultades lectoescritoras vai vivir unha experiencia que pretende mellorar a súa competencia lectora, utilizando a lectura en diferentes soportes.

Podes seguir o desenvolvemento do proxecto neste blogue.