29 agosto 2019

▬ Letras Galegas

No ano 2020 cúmprese a décima edición do proxecto "Letras Galegas" no que se rende tributo á figura de Ricardo Carvalho Calero.
 
Este proxecto vense desenvolvendo ininterrompidamente dende 2011, homenaxeando en cada edición ao autor ao que se dedica ese ano o Día das Letras Galegas, e en xeral á creación artística en galego.
 

 
O eixo principal sobre o que se desenvolve o proxecto é o concurso de marcapáxinas que cada ano convoca o IES San Clemente para fomentar a creatividade e orixinalidade por parte do alumnado, pero ao longo das distintas edicións do proxecto viñéronse desenvolvendo moitas outras actividades complementarias: vídeos, timelines, enREDadas, wikipedia, scape rooms, analytics, etc.
 
Queremos destacar dous aspectos importantes:
  • Neste proxecto participaron unha grande cantidade de centros educativos galegos, xunto con socias doutros lugares de España e de Europa.
  • Recibiu varios selos de calidade nacionais e europeos en Polonia, Francia, Italia e Portugal.
  • Por primeira vez, no 2019, foi concedido o selo de calidade nacional en España sendo o coordinador Alex Dapena, profesor do IES San Clemente.
 
Máis información:

12 agosto 2019

Inscríbete en Iníciate en eTwinning 2019-2020

Está aberto o prazo de inscricións no curso de Platega Iníciate en eTwinning que se desenvolverá durante o primeiro trimestre do ano 2019-2020.

Solicita a túa praza en fprofe antes do 23 de setembro!

Ficha técnica

Edicións anteriores:
  1. Primeira edición, ano 2017-2018
  2. Segunda edición, ano 2018-2019




04 agosto 2019

▬ GaliMinho – Emprendedorismo da Eurorregião

Proxecto eTwinning desenvolvido no ano escolar 2018/2019 por profesorado e alumnado do IES San Clemente, Santiago de Compostela, e do AE Carlos Amarante, Braga, Portugal.

No centro galego participou o alumnado do ciclo Estrela PluriFP SMR coa coordinación de Marcos Vence e Catarina Reis, tendo como socia a profesora Adelina Moura.




O alumnado participante estudaba cursos profesionais de Informática. Traballaron temas relacionados co módulo Aplicações Ofimáticas, coa lingua portuguesa e co emprendemento. Exemplos de produtos: manuais técnicos, presentacións con ideas de negocio e follas de cálculo de facturación, todos eles en portugués.

O proxecto recibiu o Selo de Calidade eTwinning en España e Portugal.

Máis información:

▬ Um parafuso a menos

Proxecto da sección bilingüe en portugués Fundamentos de Hardware de 1ASIR ordinario, desenvolvido durante os anos 2016/2017 e 2018/2019.

Ademais do alumnado deses dous grupos de FH, participaron os profesores Marcos Vence e Catarina Reis do IES San Clemente e Ricardo Luís da Escola Profissional ETAP de Viana do Castelo.

As tarefas colaborativas desenvolvidas centráronse no estudo do hardware e no vocabulario técnico en portugués.


O proxecto recibiu o Selo de Calidade eTwinning en España e Portugal.

Máis información: