16 setembro 2019

▬ OPTIME

“Orientados ao patrimonio cultural e a inclusión desde unha mirada europea” (OPTIME) é un proxectoo eTwinning vencellado a  unha Asociación escolar Erasmus+ KA229 de Intercambio entre centros escolares.

Trátase dun proxecto transnacional e deseñado por catro centros escolares no marco do ET2020, o Ano Europeo de Patrimonio Cultural e a Declaración de París.

A nosa asociación inclué catro institutos de España, Italia, Bulgaria e Austria: o IES de Poio na localidade do mesmo nome, o Instituto Tecnico Statale Economico Raffaele Piria- Ferraris/ Da Empoli en Reggio Calabria, o Instituto Bilingüe Miguel de Cervantes en Sofía e o Bernoulligymnasium en Viena. O alumnado participante ten entre 15 e 18 anos.

O obxectivo xeral do noso proxecto consiste en crear unha rede escolar de cooperación e intercambio de boas prácticas que nos permita desenvolver unha aprendizaxe baseada en proxectos sobre o tema do patrimonio cultural europeo cun tratamento transversal da inclusión social. Reforzaremos así a nosa dimensión europea e a capacidade de enfrontar novos desafíos.

A nosa motivación reside no coñecemento e o compromiso co patrimonio cultural material e inmaterial. Entendemos que é un recurso fundamental para o crecemento económico, o emprego e a cohesión social. Ten, polo tanto, un gran valor educativo.

O noso proxecto busca, ademais, promover a inclusión social, incidindo na loita contra a discriminación, a segregación, a xenofobia, o acoso escolar e a violencia.

Outros obxectivos son mellorar a competencia social, cívica e intercultural, a competencia lingüística en lingua materna e linguas estranxeiras e a competencia dixital. Promoveremos o empredemento e a empregabilidade para facilitar ao noso alumnado o acceso ao mundo do traballo nun contexto europeo.

Realizaremos catro Actividades de intercambio de curta duración de alumnado. Nelas desenvolveremos: obradoiros de conversación e restauración de bens culturais, de voluntariado en preservación de patrimonio; obradoiros de inclusión e integración, de mediación escolar entre iguais; obradoiros de TICs, de emprendemento e orientación profesional; seminarios, conferencias, visitas apatrimonio. Nos períodos intermedios cada centro organizará obradoiros de diseminación dasActividades transnacionais,conferencias, sesións de traballo para o desenvolvemento do noso proxecto e a elaboración de produtos finais.

Desenvolveremos un proxecto eTwinning e traballaremos en liña no Twinspace nos períodos entre mobilidades. As metodoloxías das actividades serán activas e participativas: aprendizaxe entre iguais, con actividades accesibles, útiles, inclusivas, solidarias, con repercusión social, nas que o alumando se aprenda mutuamente. Learning by doing, buscando fórmulas creativas para sacar adiante tarefas e produtos en equipo. Obradoiro con simulador en soporte dixital. Aprendizaxe baseada en proxectos.

Propiciaremos a participación de axentes externos a nivel local e rexional para compartir unha rede decooperación a nivel europeo. En Galicia cooperan co proxecto a Escola Superación de Restauración e Conservacións de Bens Culturais de Galicia, a Sección de Filoloxía Clásica da Universidade de Santiago de Compostela e a Sección Galega da Sociedade española de Estudos Clásicos e mais o Concello de Poio. En Reggio Calabria cooperan o Concello e a asociación Italia Nostra. En Viena colaboran o Concello e a asociación Österreichischer Integration Fonds. En Sofía contamos coa colaboración da Sección de Filoloxía Hispánica da Universidade de Sofía e a Nova Universidade de Sofía, do Concello e da Axencia Turística Elfie Tours.

Consideramos que tanto o coñecemento como o aprecio por un patrimonio cultural compartido e á vez diverso, axudarannos a fometar o diálogo intercultural e a inclusión social nas nosas comunidades educativas, pertencentes a contornas socioculturais e económicas moi diversas.

Esta é a páxina web do noso proxecto.
Este é o Twinspace do noso proxecto eTwinning.

01 setembro 2019

▬ Show our love

A profesora Arancha Pernas Temes do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, Boiro, ven de poñerse en contacto coa Embaixada eTwinning en Galicia para comunicarnos a concesión do Selo de calidade nacional para o proxecto Show your love.

Deixamos aquí o resumo do proxecto feito pola profesora.
Parabéns a todos os participantes no proxecto!


Show your love (Amosa o teu amor)  xurdiu da colaboración entre diferentes países de toda Europa (Turquía, Ucrania, Croacia, Italia, Serbia, Romanía, Portugal, Macedonia e o noso centro desde España) a través da plataforma eTwinning, onde mestres de diferentes países traballan de forma colaborativa cos seus alumnos en proxectos co fin de coñecer distintas culturas e cuxa lingua vehicular é o inglés.

O principal obxectivo do proxecto foi traballar a expresión de emocións en distintos ámbitos e mellorar a competencia comunicativa e dixital. O proxecto inicial estaba enfocado para o alumnado de 5º de Educación Primaria, pero unha vez exposto ante o claustro, os mestres encargados de dinamizar a biblioteca decidiron acollelo como tema principal ao longo do curso, o que fixo que trascendera da miña aula de inglés e implicara a moitos máis alumnos e mestres.ç

 O proxecto dividiuse en 3 etapas:
- 1º trimestre: mostrar amor hacia os animais. Por unha banda, creamos un mural coas fotos dos alumnos e as súas mascotas. E, por outra banda, participamos na gravación da canción “Old Macdonald had a farm” entre todos os centros europeos.

- 2º trimestre: mostrar amor hacia os demais e en especial hacia os maiores. Nesta etapa tamén levamos a cabo dúas actividades: a primeira foi proposta polos fundadores do proxecto, que consistiu en formar parellas entre os centros participantes de forma aleatoria e gravar aos alumnos dicindo “Te quiero” na lingua do país seleccionado. No noso caso os alumnos de 5º tiveron que dicilo en turco, que sería “Seni sevyorum”. Nós pedímoslles que ademáis de dicilo en castelán, tamén o gravasen en galego, explicándolles que na nosa autonomía temos unha lingua cooficial. A maiores, dende o noso centro fixemos dúas saídas. O alumnado de 1º a 3º de primaria visitou o Centro de Día de Boiro e o alumnado de 4º a 6º o Cotolengo en Santiago. Nestas visitas intercambiaron distintas actividades e xogos cos maiores ademáis de levarlles un agasallo moi especial. Dado que o centro é plurilingüe na área de plástica, o alumnado elaborou uns paxariños e unhas rosas de fieltro, en función do grao de dificultade, para poñer na solapa da chaqueta que lles entregaron o día da visita.

- 3º trimestre: mostrar amor e respecto hacia a natureza e o medio ambiente, fase levada a cabo en colaboración con Manos Unidas a través da elaboración dun horto ecodidáctico, onde unha enxeñeira agrónoma explicou ao alumnado de todo o centro todas las labores de labranza. Asimesmo, e a través dun contaconto, concienciouse ao alumnado acerca do consumo responsable."