Para este ano as propostas son:
- Café eTwinning: sesión cos compañeiros para dar a coñecer o proxecto concreto e o programa eTwinning.
- Concurso de carteis colaborativos en liña, co tema "Gañamos con eTwinning". Aínda que non participes co teu cartel, podes votar os traballos presentados a través do teu escritorio eTwinning. Para usuarios non rexistrados,
esta é a páxina pública na que poden acceder aos carteis e votalos.
- Recollida de experiencias de proxectos eTwinning que se converteron en Comenius e/ou viceversa.
Para participar en calquera das iniciativas, terás que acceder ao teu escritorio eTwinning, e entrar no apartado "Spring Campaigne".