O venres pasado na sesión de Lusofonía e linguas nos clubs de lectura, dentro das VI Xornadas de Clubs de Lectura, algunhas asistentes comentaron como integraban os proxectos eTwinning como un medio de proporcionar unha dimensión internacional e de traballo compartido con membros de Clubs de Lectura doutros países.
Dado que este pode ser unha utilidade importante para todos os coordinadores e coordinadoras de Clubs, animámosvos a que exploredes esta liña de traballo particularmente aqueles que teñades Clubs nos que se lean obras en linguas estranxeiras de forma habitual ou ben puntual.
O procedemento sería, rexistrarse en eTwinning, buscar socios con intereses comúns: lingua de lectura, nivel dos membros, etc. e iniciar un proxecto común no que os socios escollemos a forma e frecuencia de contacto.
Ánimo cos vosos Clubs de Lectura e pensade nesta forma de dinamizalos con vistas ao próximo curso.