Durante os meses de febreiro e marzo desenvolveuse no IES de Poio, dentro do Plan de Formación en centros, un curso sobre Proxectos europeos.
Neste curso de 30 horas de duración presentouse o novo programa Erasmus+ xunto con eTwinning, prestando atención a acción conxunta entre ambos os programas. Presentáronse e traballaronse tamén diversas ferramentas TIC válidas para o desenvolvemento deste tipo de proxectos.
Os contidos foron traballados dentro dun proxecto eTwinning creado para tal fin, ao que se convidaron ademais a profesores doutros centros.
Estas son as presentacións referidas a eTwinning e Eramus+
23 março 2014
21 março 2014
▬ De Galice à Lausanne en passant par Genève
A profesora de francés Carmen Luna, do IES As Mariñas de Betanzos, e o seu alumnado de ESO e Bacharelato, traballaron no proxecto De Galice à Lausanne en passant par Genève.
Despois de varios meses de preparación e interacción mediante o TwinSpace, realizaron unha viaxe a Xenebra onde coñeceron os seus socios suízos e viviron unha experiencia inesquecible que relatan nestes dous blogues:

Subscrever:
Mensagens (Atom)