Durante os meses de xuño e xullo, a Embaixada eTwinning levou a cabo unha campaña de contactos coas Universidades Galegas co obxecto de conseguir unha liña de difusión do programa eTwinning entre os profesores das facultades, que chegue aos alumnos, futuros mestres.
Estes contactos foron levados a cabo a iniciativa da Embaixada e desenvolvidos en función de dúas zonas xeográficas: Zona Norte: Lugo - A Coruña - Santiago de Compostela e Zona Sur: Pontevedra - Vigo - Ourense.
No que respecta á Zona Norte, o acordo ao que chegamos foi, logo dunha primeira entrevista (telefónica no caso de Santiago), que, xa iniciado o curso 2014/15, os Decanatos enviarán información ao Profesorado para incluír eTwinning nas súas materias, ben a nivel de difusión, ben a nivel de práctica formativa. Unha vez coñecido o profesorado interesado, negociarase coa Embaixada eTwinning en Galicia, a súa participación no desenvolvemento destas actividades.
Como liñas de traballo solicitadas (nun plano potencial) están as seguintes:
- Celebración de Xornadas para o alumnado / profesorado interesado.
- Participación de grupos de alumnos, nunha materia concreta, para presentación do programa e deseño dalgunha práctica formativa en eTwinning.
- Colaboración da Embaixada eTwinning en proxectos de Fin de Grao e/ou Mestrado que teñan o programa como obxecto de estudo.
- Busca de contactos entre profesorado universitario europeo para deseñar e desenvolver liñas de traballo conxuntas (docencia e / ou investigación).
Ver outras iniciativas desenvolvidas pola Embaixada eTwinning en Galicia coa Universidade: