14 junho 2017

eTwinning no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo

eTwinning no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo
por Patricia Conde Pardo

No curso 2016-2017, dentro do Plan de Formación en Centros do IES Álvaro Cunqueiro celebráronse unhas xornadas eTwinning nas que participaron profesores de distintas disciplinas tales como bioloxía, inglés, música e lingua española.


Tiven o privilexio de impartir a formación en eTwinning en dito centro a un grupo de profesores moi entusiastas e participativos.

A coordinación do seminario correu a cargo de Begoña Davila Rodríguez, profesora titular do IES Álvaro Cunqueiro, e contou coa aprobación e supervisión de Concepción Pazos Oya desde o CFR de Vigo.


Para a maioría do profesorado participante era o primeiro contacto con eTwinning pero todos amosaron grande interese polas posibilidades ofrecidas pola plataforma.

A formación tivo lugar no centro nas datas 25 de xaneiro, 8 de febrero e 8 de marzo de 2017 e despóis da última sesión o profesorado deseñou unha proposta de proxecto multidisciplinar sobre a “Celebración da Primavera” que finalmente desenvolveron con éxito xunto cun socio en Italia. Podedes visitar o seu TwinSpace: https://twinspace.etwinning.net/40624

A sua andaina en eTwinning non puido empezar con mellor pé. Só cabe desexarlles moitos éxitos máis.


04 junho 2017

eTwinning no CFR de Ferrol

O martes 30 de maio tivo lugar no Centro de Formación e Recursos de Ferrol unha sesión  de tres horas de formación sobre eTwinning.

O CFR de Ferrol está a desenvolver a Asociación escolar KA2 Raising achievement together a vision for European schools que van traballar tamén na plataforma eTwinning.

Directores e profesores de centros de ensino de Ferrol xuntamente cos asesores do CFR, o representante de eTwinning en Galicia Ángel Sebastián e unha das embaixadoras na comunidade fixeron un repaso das oportunidades que eTwinning ofrece para o traballo en proxectos Erasmus+.