A Comisión Europea vén de publicar a lista de proxectos seleccionados na iniciativa Move2Learn, Learn2Move.
Dous proxectos galegos foron premiados nesta convocatoria:
- Delirant isti eTwinnienses Romani! desenvolvido polo alumnado de Latín de 1º de Bacharelato do IES de Poio.
- Green spots in town desenvolvido polo alumnado de Administración de Sistemas Informáticos en Rede do IES San Clemente de Santiago de Compostela.
Ademais de descubrir outras culturas, os participantes tamén se farán máis conscientes da pegada de carbono das súas viaxes, pois terán que respectar un nivel máximo de emisións de CO2 durante o seu periplo e deberán elixir os medios de transporte que utilizan tendo isto en conta .
Ademais, tamén se tivo en conta se o proxecto e a viaxe cumprían cos requisitos de inclusión.
O alumnado do IES de Poio, que traballou no proxecto con socios de Estremadura, Alemaña, Polonia e Italia, vai levar a cabo no próximo mes de outubro unha visita á cidade de Estrasburgo, visitando distintas institucións europeas.
Este é o TwinSpace do proxecto.
A páxina web.
O blog.
O alumnado do IES San Clemente, que traballou cun centro de FP grego, está a preparar á visita ao socio en Creta.
E a web de Sporakia, un dos resultados finais.