26 dezembro 2017

Selo de centro eTwinning

https://www.etwinning.net/es/pub/highlights/the-etwinning-school-label---.htm


   Dende decembro do 2017 ata marzo do 2018 pódese solicitar este selo para recoñecer o labor dos centros. É unha iniciativa para os centros nas súas actuacións, que  non se recoñecía ata ahora. Recoñecíase o labor de profesorado e alumnado con selos de calidade nacionais e europeos, pero faltaba o de centro educativo.

   O proceso de solicitude ten dúas fases:

Na primeira fase, profesorado eTwinning do centro recibirá dun xeito automático o cuestionario de avaliación, no caso de cumplirse  tres requisitos:
  • Centro inscrito en eTwinning dende hai máis de dous anos.
  • Polo menos dous docentes inscritos en Twinnnung no momento da solicitude.
  • Ter obtido selo de calidade nos últimos dous anos.

Recoméndase unha reunión do profesorado eTwinning coa dirección do centro antes de pasar a  realizar a segunda fase, na que se avaliará o cumprimento dos seguintes seis criterios:
  • Realización no centro de actividades de uso responsable de Internet.
  • Cooperación activa de 3 ou mais docentes na realización de actividades eTwinning.
  • Participación de polo menos  dous grupos de estudantes en proxectos eTwinning.
  • Partcipación de dous ou máis  docentes en actividades educativas de eTwinning.
  • Mostrar públicamente a participación do centro en eTwinning.
  • Ter realizado actividade promocional neste ano.

    Para máis información preme na imaxe ou no enlace.

20 dezembro 2017

Apadriña unha embaixadora

freeimages.com - Michael Illuchine
Esta nova iniciativa da Embaixada eTwinning Galicia, trátase dunha experiencia piloto de seguimento de proxectos galegos co obxectivo final de conseguir a certificación como Innovación no próximo ano escolar.

Consistiría en que cada centro teña unha embaixadora de referencia con acceso aos TwinSpaces para facer un seguimento "leve" e algunhas accións puntuais nunha aula virtual Moodle.
E por suposto, o asesoramento e difusión que precisedes.
  • Iso vainos permitir ás embaixadoras, a creación paulatina dun protocolo de seguimento.
  • Pola vosa parte, vai supor unha simplificación do proceso de recoñecemento de horas de formación por participación en proxectos eTwinning.

Importante: polos proxectos deste ano escolar non hai recoñecemento como innovación.

Se queredes colaborar connosco entre xaneiro e xuño, cubride este formulario, por favor.
A selección será por orde de recepción de solicitudes.
Notificarémolo a mediados de xaneiro por correo electrónico.


Moitísimas grazas!

01 dezembro 2017

▬ Engaging Students: STEM Clubs and Citizen Science

Engaging Students: STEM Clubs and Citizen Science atópase entre os proxectos galegos recoñecidos con Selo de Calidade Europeo este ano.
Trátase dunha asociación KA2 de Erasmus+  desenvolvida conxuntamente cun proxecto eTwinning.

O proxecto foi coordinado polo profesor Jose Viñas no IES David Buján de Cambre. Traballaron coa profesora Elaine Manton da  Loreto Grammar School de Altrincham, Reino Unido.

O coordinador galego explícanos o proxecto:

"Numerosos estudos destacan a falta de interese dos alumnos europeos polas materias  STEM  (Science, Technology, Engineering and Maths). O noso proxecto pretende achegar a eses alumnos a actividades relacionadas coa ciencia desde dúas frontes: a realización de actividades de maneira nonformal nun  STEM Club e colaborar con investigacións levadas a cabo por científicos facendo cienciacidadá desde as materias de ciencias nas clases. Toda esta actividade forma parte dun proxecto  KA2 Erasmus+ que permitiu financiar as mobilidades dos alumnos.






O proxecto incluíu 5 investigacións de Ciencia Cidadá lideradas polo IES David Bujan, España, e 5  deseños de enxeñería, dirixidos por Loreto Grammar School, Reino Unido.

Cada actividade  involucrou a 10 estudantes que traballaron xuntos nun deseño de enxeñería e nunha investigación de Ciencia Cidadá. Cada equipo de 10 alumnos estivo formado por 3 estudantes ingleses e cinco estudantes españois que colaboraron conxuntamente en deseños e investigacións.

O produto do noso traballo pódese observar en forma de vídeos e documentos que fomos achegando ao noso espazo eTwinning.

Se queredes coñecer de xeito máis profundo o noso traballo podedes  seguir a páxina web.
Durante os 24 meses de duración das actividades os alumnos compartiron experiencias, coñecendo  congresos e feiras de ciencia en España, Reino Unido, Bélxica, Polonia e Hungría. Todo este  intercambio favoreceu a colaboración entre ambos os clubs  STEM en novos proxectos."

Noraboa polo Selo Europeo!!!