15 março 2019

Escolas galegas con Selo de centro eTwinning - 2019


Vén de publicarse a lista de escolas europeas acreditadas co selo de centro eTwinning no 2019 na segunda edición desta iniciativa. Nesta ocasión 1004 escolas europeas obtiveron a distinción, entre elas, tres galegas:

  • CEIP Plurilingüe Vista Alegre, de Burela.
  • Colexio Losada, de Vigo.
  • IES de Beade, de Vigo.

O selo de centro eTwinning recoñece o traballo realizado con eTwinning no ámbito do centro educativo por equipos docentes e persoal de dirección. Parabéns aos premiados!


Con estas novas incorporacións, en total son 9 os centros galegos con eTwinning School Label:
  • CEIP Manuel Vidal Portela, Pontevedra
  • Colegio Internacional SEK-Atlántico, Poio
  • IES Francisco Daviña Rey, Monforte de Lemos
  • IES David Buján, Cambre
  • IES San Clemente, Santiago de Compostela
  • IES de Poio, Poio
  • CEIP Plurilingüe Vista Alegre, Burela.
  • Colexio Losada, Vigo.
  • IES de Beade, Vigo.

Tan só teñen o selo o 1,7% dos centros educativos europeos rexistrados en eTwinning.



07 março 2019

Formación no CEE de Pontevedra

Unha representación da embaixada eTwinning de Galicia tivo a honra de acudir a unha actividade de formación no CEE de Pontevedra o mércores 27 de febreiro.
A tal actividade, na embaixada decidimos que fora Aarón, xa que aínda que non era de zona, solicitaron axuda para facer proxectos nos que estivera presente a educación especial, e co perfil de mestre de Audición e Linguaxe as compañeiras permitiron a miña participación.
A demanda previa era de un grupo de traballo que quería introducirse na plataforma. Houbo xente dada de alta pero outra que o fixo na pausa da actividade.

A orde dos puntos tratados foi o seguinte:

En primeiro lugar, cunha enquisa Plickers partimos das experiencias previas do profesorado presente e presentamos a aplicación.

Continuamos por mostrar os portais eTwinning, eTwinning Live, blog da embaixada e Twinspace. Con posibilidades de búsqueda de socios/as posibeis e exemplos de proxectos. Tamén falamos dos Selos de Calidade e as horas de formación.

Por outra banda, creara unha conexión Adobe Connect para mostrar como funcionaba, pero ante a imposibilidade de que a xente se anotara previamente e a xente que se anotou non entrou, só viron como podería ser unha videoconferencia.

 
Para rematar, para interese de formación do profesorado, descubriron o portfolio dixital, a roda pedagóxica e a plataforma de formación de INTEF e a súa oferta.




Tivo unha boa acollida as actividades, empezando por case vinte persoas, e bastante participativa.