23 março 2020
Webinar Proxectos eTwinning en EOIs
O próximo xoves 26 de marzo ás 11.30 da mañá terá lugar o primeiro webinar
sobre proxectos eTwinning en Escolas oficiais de Idiomas.
Está organizado polo SNA e conta coa participación de dúas profesoras
galegas.
Pódese acceder a través do link incluido no poster anunciador do webinar que
aparece aquí adxunto.
18 março 2020
Escolas galegas con Selo de centro eTwinning - 2020
Vén de publicarse a lista de escolas europeas acreditadas co selo de centro eTwinning no 2020 na terceira edición desta iniciativa. Nesta ocasión 2139 escolas europeas obtiveron a distinción, entre elas, tres galegas, que renovan o selo obtido na edición 2018-2019:
- Colegio Internacional SEK-Atlántico, Poio
- IES San Clemente, Santiago de Compostela
- IES de Poio, Poio
O selo de centro eTwinning recoñece o traballo realizado con eTwinning no ámbito do centro educativo por equipos docentes e persoal de dirección. Parabéns aos premiados!
Xunto cos premiados na edición 2019-2020, en total son 6 os centros galegos con eTwinning School Label vixente:
- CEIP Plurilingüe Vista Alegre, de Burela.
- Colexio Losada, de Vigo.
- IES de Beade, de Vigo.
Tan só teñen o selo o 1,5 % dos centros educativos europeos rexistrados en eTwinning.
Subscrever:
Mensagens (Atom)