04 dezembro 2020

Stories Time Capsule

 

O proxecto “Stories Time Capsule” da EOI A Coruña ven de ser galardoado co Selo de Calidade Europeo. Parabéns ás profesoras Cármen Fernández e Isabel Rama.



Esto é o que Carmen Fernández nos conta do seu proxecto:

O obxectivo principal deste proxecto era familiarizarse coa historia da nosa cidade a través das narracións das persoas.

O proxecto proporcionou aos estudantes unha visión clara de todos os cambios ocorridos nos últimos anos e permitiu aos participantes comparar os cambios urbanos que os rodean cos doutros países.

Os estudantes participaron en actividades de comunicación colaborativa referidas ao proxecto tanto en grupos nacionais como transnacionais. Todas as entradas e o intercambio de datos permitiron aos estudantes reflexionar sobre o legado histórico e a proxección presente e futura da súa cidade.

Os obxectivos principais eran:
· Traballar en equipo
Comunicarse con persoas de diferentes grupos de idade
· Coñecer mellor a súa cidade
· Avaliar a importancia do medio físico para a creación da historia dunha cidade
· Explorar a diversidade de narracións como forma de "literatura oral"
· Reflexionar sobre o valor da historia local oral e a súa preservación
· Descubrir as similitudes e diferenzas entre as historias de varias persoas
· Facer suposicións sobre as características culturais e sociais que se detectan en diferentes historias
· Ampliar as habilidades comunicativas

Duración do proxecto: outubro 2019- maio 2020

Producto final do proxecto: Clic aquí



01 dezembro 2020

United Through Creativity

O proxecto United Through Creativity da docente Esther Basanta do CEIP de Cervo ven de ser recoñecido co Selo de Calidade Europeo.


Aquí temos o seu Twinspace.

Parabéns polo excelente traballo realizado!

A profesora falanos así do proxecto:


"O proxecto 'United Through Creativity' céntrase na creatividade e na escritura creativa. Nel participaron sete escolas de sete países europeos (España, Lituania, Polonia, Rumanía, Grecia, Turquía e Portugal). Deseñáronse actividades de escritura creativa combinadas con métodos que contribúan a crear efectos positivos no clima da aula e que este favoreza a creatividade dos pequenos. Interaccionando cos compañeiros creamos produtos comúns, aprendendo a respectar a diversidade de cada un dos países, cambiando actitudes, aprendendo a valorarnos e entendernos. O tema principal foron as lendas, mitos e historias populares pero a dimensión crosscurricular do proxecto foi moi amplia pois incorporamos o resto das materias.


O proxecto integrou a Lingua estranxeira, as ciencias e tamén contidos de plástica. De acordo co Marco Común Europeo das Linguas e co currículo do inglés como lingua estranxeira, a competencia comunicativa e a dimensión cultural debe ser tida en consideración no sentido de que representa tanto a identidade cultural como colectiva. Neste sentido, e dacordo co currículo nacional e as orientacións do Marco Común Europeo das Linguas, o proxecto tiña un enfoque centrado no alumno. A partir deste enfoque tiñan que identificar e comparar aqueles símbolos de 'identificación nacional' e reflexionar sobre os estereotipos, recoñecer as similitudes e diferenzas entre o seu propio contexto socio-cultural e o contexto dos outros e relacionar esas similitudes e diferenzas coa súa propia cultura e educación. Empregando o lema 'Creating, Communicating, Our Diversity We Are Celebrating' como elemento de unión. Investigaron e traballaron contidos lingüísticos mentras creaban poemas acrósticos, poesía acerca do seu contexto (topos), poemas e cancións centradas en valores humanos, escribiron borradores e finalmente unha historia en común. Finalmente esa historia converteuse nunha peza teatral. Coa A de Arte expresamos infinidade de aspectos das nosas respectivas culturas, valores humanos e ilustracións das nosas historias e debuxos, transmitindo e variando a maneira na que ven o mundo ao redor deles e impulsando a súa creatividade.

A maiores, no noso colexio, este proxecto eTwinning (que era paralelo a un Erasmus) estivo completamente integrado no proxecto anual da nosa biblioteca escolar. Isto significa que o que se estaba a desenvolver en eTwinning e Erasmus tamén estaba a ser traballado por todo o profesorado e adaptado aos diferentes grupos e niveis. A programación xeral anual, os proxectos lingüísticos, a formación do profesorado, e as programacións de nivel fóronse desenvolvendo paralelas con aqueles obxectivos reflexados no noso proxecto 'United Through Creativity'