Dentro da formación permanente do profesorado e a través do CAFI e dos distintos CFR vinéronse celebrando ursos de formación presenciais chamados Aprendizaxe baseada en proxectos a través de eTwinning.
O curso no CFR de OURENSE, tivo lugar os días 1, 8, 15 de febreiro e 1 de marzo.
As 12 horas distribuíronse en xornadas de 3 horas cos seguintes contidos:- Xornada I: Aprendizaxe Baseada en Proxectos
- Xornada II: eTwinning dentro da plataforma ESEP
- Xornada III: Proxectos eTwinning e criterios de calidade
- Xornada IV: Boas prácticas en eTwinning (exemplos de proxectos con selo de calidade)
As tres primeiras sesións foron impartidas pola embaixadora eTwinning Patricia Conde e permitiron aos asistentes darse de alta na plataforma ESEP e coñecer a teoría da Aprendizaxe Baseada en Proxectos e a súa aplicación na aula mediante proxectos eTwinning.
A última sesión quedou en mans de tres relatoras con sendos proxectos eTwinning acreditados con Selo de Calidade no curso 2021-22.
Os relatorios de boas prácticas correron a cargo de:
- Laura Conde Arcos, profesora de Secundaria no Colexio Plurilingüe San José (Josefinas) de Ourense, que relatou a súa experiencia no proxecto B.B.C Building Bridges Creatively. (Accede aquí ao TwinSpace do proxecto)
- Estefanía García Piñeiro, profesora de Secundaria no CPI de Padrenda-Crespos, que falou do proxecto no que participou titulado Roots of Europe. (Accede aquí ao TwinSpace do proxecto)
- Ánxela Mª Domínguez Martínez, mestra de Primaria no CEIP Porto Cabeiro de Redondela, que nos contou a súa experiencia dentro do plan Proxecta + (Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning) na que participou co proxecto #SUMATEALAPETANCA (Accede aquí ao TwinSpace do proxecto)