Os alumnos e alumnas gregos, franceses, italianos e galegos crearon un blog de aula colaborativo plurilingüe. Neste espazo os nosos alumnos traballaron variados aspectos culturais da Antigüidade clásica compartindo o seu interese pola tradición que conformou a Europa na que viven. Deste xeito, coñeceron distintas formas de estudar as linguas clásicas doutros compañeiros europeos e desenvolveron destrezas no campo da interculturalidade, os idiomas e as TIC.
A innovación pedagóxica do proxecto consistiu no desenvolvemento de parte do currículo das materias de linguas clásicas dun modo conxunto en diferentes países.
Fóiselles propondo aos alumnos actividades que versaban sobre temas do curriculum. Grupos formados por alumnos de diferentes países ou do mesmo país levaron a cabo proxectos de investigación. Publicados no blog, as profesoras usámolos en clase como material didáctico.
Traballamos o plurilingüismo. Tratando un tema coñecido polos alumnos, accederon a material publicado en distintas linguas ou elaboraron proxectos en común utilizando o inglés.
O proceso de traballo motivou aos alumnos a levar a cabo moitos e variados traballos e a traballar as súas destrezas noutros idiomas.
Profesoras e alumnos manexamos un variado repertorio de tecnoloxías da información e da comunicación.
Publicación de traballos en Calameo e Issuu:
- Traballo con Audacity
- Traballo con Moviemaker
- Publicación de vídeos en Vimeo
- Creación de test con ESL
- Creación de posters con Glogster
- Publicación de power point en Slideshare
O proxecto foi recoñecido co Selo de Calidade Nacional en Grecia, Italia e España, co Selo de Calidade Europeo e ten o Premio Nacional en Grecia.
Podes visitar o blog aquí.