▬ Nos encontramos en el Camino (artigo completo)





O proxecto "Nos encontramos en el Camino", no que participaron o IES de Poio (profesora Carmen Fernández) xuntamente con alumnado do Gymnázium Hansa Selyeho de Komárno (profesora Katalin Kanozsay) e do Lycée Thierry Maulnier de Niza (profesor Juan Pierre-Alain) conseguiu o Selo de Calidade Nacional en Francia, Eslovaquia e España, o Selo de Calidade Europeo e o Premio Nacional en Eslovaquia e España.




O Camiño de Santiago, declarado polo Consello de Europa Itinerario cultural Europeo, foi o tema escollido polos nosos alumnos para o seu traballo en común. Alumnos eslovacos e franceses que estudaban español xuntamente con alumnos españois que estudiaban francés percorreron xuntos virtualmente diferentes tramos do Camiño de Santiago. No seu percorrido practicaron idiomas, (non só de forma escrita senón tamén oralmente por medio de videoconferencia) e axudáronse mutuamente nese labor. Ademais, intercambiaron información sobre as súas cidades, institutos e formas de vida e investigaron xuntos sobre o Camiño de Santiago: historia, arte, xeografía, etc, usando un amplo repertorio de ferramentas TIC.


Os alumnos colaboraron de forma virtual cos seus compañeiros de diferentes nacionalidades. Divididos en grupos de tres, cada grupo tiña asignado un tramo do Camiño que comentaba na súa páxina da wiki.


Manexouse un amplo repertorio de ferramentas TIC:

  • Creación dunha Wiki e traballo nela de outubro a maio
  • Creación dun blog con publicacións de outubro a maio
  • Glogster
  • Animacións con Xtranormal
  • Traballo con Prezi




  • Google maps
  • Bubbl
  • Participación conxunta cunha vídeo-conferencia na Semana Comenius
  • Flashmeeting
  • Elaboración de power points, reportaxes fotográficas e vídeo


                                              


Os alumnos eslovacos viaxaron a  a Galicia en outubro, coñeceron Pontevedra, viñeron a Poio onde o Concello lles organizou unha visita didáctica e unha recepción co alcalde, traballaron connosco no instituto de Poio.     




Atopáronse con alumnos galegos cos que traballaran xuntos neste proxecto, no anterior "Teaching each other" e no do presente curso escolar "Twinpress".






Pasaron uns días en Santiago onde foron recibidos no Concello polo seu alcalde e, de forma simbólica, camiñaron xuntos alumnos eslovacos e galegos os últimos quilómetros do Camiño.


Artigo do Servizo Nacional de Apoio español