▬ SOS Animais (artigo completo)

A profesora Mónica González Sánchez do IES Ponteceso, fálanos do proxecto SOS Animais, que realizou mentres traballaba no IES Gran Tarajal de Fuerteventura:



Este proxecto comenzou de forma fortuíta no ano 2009 cando me puxen en contacto cunha asociación protectora de animais de Fuerteventura, onde estaba a traballar. A razón era que necesitabamos axuda para saber que facer con tantos gatos abandonados pola zona. Así comenzou unha colaboración coa devandita asociación OKAPI e con proxectos educativos como os de eTwinning.

O alumnado participante era de Poliesti (Romanía) de Bacharelato, e de Fuerteventura, de 3º ESO, que adicaba unha sesión á semana para a preparación das actividades e para o contacto cos compañeiros de romaneses.

As actividades que realizamos, entre outras, foron as seguintes:
  • Escribir unha descrición das súas mascotas ou do seu animal favorito.
  • Ler e comentar a Declaración Universal dos Dereitos dos Animais.
  • Crear eventos en Facebook relacionados coa axuda ós animais abandonados.
  • Charla sobre a situación dos gatos abandonados e maltratados en Fuerteventura e as súas implicacións. A relatora foi Mirjam, presidenta de “El Capitán Animal Project”, Asociación internacional protectora de animais abandonados.
  • Visita á canceira municipal de Puerto del Rosario, dirixida polo presidente de OKAPI, Thomas Wittwer, e á Finca Esquinzo, en Tindaya, un refuxio onde non se sacrifican os animais.
O intercambio de información entre ambos países foi fluído e constante, e ao final, entre todos os alumnos fixeron unha Guía online contra o maltrato animal.

A experiencia foi tan marabillosa que me gustaría repetila.
Agradezo a atención recibida e invítovos a entrar no TwinSpace do proxecto: