▬ Winds make rivers flood (artigo completo)

A profesora Ana Vaqueiro Rodríguez, do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, preséntanos o seu último proxecto eTwinning:

Gustaríame utilizar este espazo para compartir con todos vós as marabillosas experiencias que os meus alumnos e mais eu vivimos este curso gracias a eTwinning. 

Dende a miña inscrición no verán do ano pasado xa vou polo meu terceiro proxecto e os meus alumnos están encantados, aínda que a participación é bastante desigual; algúns participan activamente entrando na páxina do proxecto, facendo comentarios e subindo arquivos, mentres outros apenas a visitan. En todo caso o seu interese polas actividades aumenta e preparan mellor as cancións porque saben que as gravaremos en vídeo para compartilas cos compañeiros europeos.

image

Aquí tedes un enlace ao noso proxecto máis recente:
Winds make rivers flood - Musical instruments from Europe

E tamén podedes ver un vídeo dos alumnos alemáns praticando a canción do proxecto cos seu instrumentos:


Dende aquí quero animar a todos a probalo. Non teñades medo polo idioma nin polas TICs, xa que a xente que participa en eTwinning é moi colaborativa e sempre está disposta a axudar. E se unhas ensinanzas tan específicas como son as do Conservatorio teñen cabida en eTwinning qué non poderedes facer os profesores de Primaria e Secundaria...