24 outubro 2011

▬ Prenons le largue

A profesora Mercedes Noya Souto, do CPI de Mondariz, fálanos dun interesante proxecto "só para docentes":



"...Hai dous anos que comecei no mundo eTwinning e agora mesmo teño tres proxectos en marcha, dous cos alumn@s e un entre profesores. Este proxecto eTwinning no que teño o pracer de participar chámase “Prenons le large”. Somos un grupo de profesoras (o feito de ser todas mulleres é unha casualidade...) e amantes da lingua francesa en diferentes países da UE e no noso blog imos comentando a nosa actualidade..."


Sesións de formación en Guitiriz e Cambre

É posible que se leven a cabo dúas sesións de formación nos Institutos de Guitiriz e Cambre. A primeira tería lugar na primeira quincena de novembro e a segunda, na última quincena do mes.
Se, por pertencer a esas zonas educativas, estás interesado en acudir, non dubides en contactar connosco.
embaixada.etwinning@gmail.com
As sesións teñen como obxectivos o seguinte:
- Coñecer os proxectos na súa plataforma: tipos, inscrición, busca de socios.
- Descubrir as ferramentas de traballo do TwinSpace, para profesorado e alumnado.
A duración das mesmas será de 3 horas. E as datas serán publicadas neste medio.

22 outubro 2011

▬ GOAL! Go Outside And Learn


O pofesor de matemáticas José Benito Búa Ares, do IES Ramón Cabanillas de Cambados, acaba de recibir o Selo de Calidade Europeo polo seu proxecto "Sae Fóra e Aprende", tamén destacado polo SNA español.



O profesor Búa cóntanos o seguinte:

"El proyecto se centra en el uso en la enseñanza de nuevos métodos que sean eficaces y atractivos para los estudiantes. ¿Por qué no ir más allá de las paredes del aula? Los profesores cooperan, planifican y comparten ideas para las clases fuera del aula, que son una parte del horario escolar normal..."


Formación en Rianxo

No próximo martes 8 de novembro, ás 16:30, celebraremos no CEIP ADR Castelao de Rianxo unha sesión informativa de dúas horas:
  • Breve explicación do que é eTwinning.
  • Exemplos de proxectos de infantil, primaria e secundaria.
  • Demostración de uso do Escritorio e o Twinspace.
  • Inscrición dos interesados.

Se queredes participar enviade un email a embaixada.etwinning@gmail.com

Listado de asistentes a 04/11/11:
  • Dez docentes do CEIP ADR Castelao de Rianxo.
  • Unha docente do CPI de Progreso, Catoira.
  • Sete docentes do CEIP Santa María do Castro, de Cabo de Cruz, Boiro.


 
Ver mapa máis grande

21 outubro 2011

Alumnos de Komárno en Galicia



O venres 14 de outubro chegaron a Santiago de Compostela os alumnos eslovacos que o curso pasado traballaron co IES de Poio no proxecto "Nos encontramos en el Camino", proxecto que ven de obter o Selo de Calidade Europeo.

Ademais conseguiron en Eslovaquia o Premio Nacional co proxecto e deste xeito puideron visitarnos.

Foron recibidos polos alcaldes de Poio e Compostela.


14 outubro 2011

▬ Ler e comprender



Un dos selos de calidade europeos acaba de chegar ao IES de Poio, polo proxecto Lire et partager - Ler e comprender, coordinado por Anxos Rial, que nos conta:

"“LIRE ET PARTAGER- LER E COMPRENDER” é un proxecto centrado en intercambiar e crear a través de lecturas; alumnado de diferentes nacionalidades colaboran e interactúan nos seus procesos de aprendizaxe mediante as obras que len e os traballos que ambos producen.
As súas tarefas permítenlles formarse como lectores activos xa que reciben e xeneran informacións ao tempo que adquiren coñecementos lingüísticos das súas linguas respectivas e que as practican...


Selos de Calidade Europeos



Veñen de ser publicados os proxectos que obtiveron Selo de Calidade Europeo.
Entre eles, atopamos sete proxectos de centros galegos.

▬ International Calendar

Un dos selos de calidade europeos acaba de chegar ao CPI Tino Grandío, polo proxecto "International Calendar", coordinado por Ana Arias, que nos conta:

"Hai varios anos que empregamos os proxectos eTwinning como complemento á materia CLIL de ciencias sociais nas nosas seccións bilingües. Entendemos que é unha actividade doada que podemos desenvolver facilmente dentro do marco escolar e complemente moi ben unha materia que agradece un compoñente cultural extra.
Coma en anos anteriores co comezo do curso 2010-2011 solicitamos á nosa socia lituana de proxectos anteriores, Neringa Lemeziene, ideas para un novo proxecto e acordamos co noso respectivo alumando, traballar sobre as festas dos nosos países respectivos. Chamaríase International Calendar...

13 outubro 2011

Premios Nacionais 2012

O vindeiro 17 de Outubro ábrese a convocatoria de Premios Nacionais eTwinning 2012 para os proxectos levados a cabo no curso 2010/11.

As solicitudes deben estar presentadas antes do 25 de Novembro. Anímate!!

Coñece máis neste enlace.

12 outubro 2011

Formación en Centros

O ITE,está poñendo en marcha unha acción de difusión e formación en centros para o coñecemento dos proxectos eTwinning.

Trataríase de unha sesión de 2-3 horas, válidas tanto para etwinners que queren afondar no tema, como para profesores que queren iniciarse nesta aventura. A programación destas horas sería adaptada ás necesidades do centro e/ou dos docentes solicitantes.

A temporización sería Outubro e Novembro, polo que, se estades interesados, contactade connosco o máis rápidamente posible.