A presenza de FP en eTwinning é moi pequena. As características do ensino, alumnado e profesorado fan que sexa difícil levar adiante proxectos baseados nos kits e modelos que ofrece a plataforma.
Esta iniciativa consiste en concebir ideas de proxecto que se poderían realizar nos módulos impartidos. Por tanto, o docente que quixer participar:
- Impartiu o módulo nalgunha ocasión.
- Describirá os obxectivos, proceso de traballo, resultados esperados, duración, etc.
- O proxecto debe deseñarse para ser desenvolvido entre dous ou máis centros europeos de forma colaborativa.
- Non é necesario darse de alta na plataforma nin levar a cabo o proxecto ideado.
- Con todas as ideas será publicado un "libro con máis de cinco autores": no baremo de méritos actual, cada autor tería 0,1 puntos.
Dezasete participantes inscritos, das seguintes familias profesionais:
- Informática e comunicacións
- Hostalaría e turismo
- Fabricación mecánica
- Electricidade e electrónica
- Comercio e marketing
- Madeira, moble e cortiza
- Formación e orientación laboral
- Sanidade
- Imaxe persoal
Se es profe de FP e estás interesado en participar nunha futura edición, podes solicitar máis información escribindo a embaixada.etwinning@gmail.com