19 fevereiro 2013

eTwinning nas Seccións Bilingües

As seccións bilingües son sempre un elemento dinamizador nun centro pois supoñen non só ensinar unha área ou materia nunha lingua diferente, senón ensinala con outra metodoloxía, pois o alumnado require unha andamiaxe extra en comparación con cando se fai nunha lingua na que se manexa con certa soltura.

Por esa razón proporcionar contextos nos que a lingua estranxeira se poida utilizar para traballar aspectos da área ou materia en contextos reais, con alumnado de centros doutros países que comparta as mesmas necesidades, é un revulsivo que sen dúbida proporcionará unha motivación adicional a ter en conta.
E os proxectos eTwinning proporcionan isto, o contorno onde buscar socios, crear proxectos sobre a propia materia na lingua que queiramos ou ben buscar proxectos xa en marcha aos que poidamos sumarnos. Por iso eTwinning pode ser unha valiosa ferramenta á hora de dinamizar as clases da materia dentro dunha sección bilingüe, ou ben permite facer clases nas que se traballe tanto a materia como a lingua. Mesmo as dúas horas adicionais que se poden impartir na lingua estranxeira, poden ser un bo momento para complementar as clases con este tipo de proxectos que permiten un bo desenvolvemente de moitas competencias lingüísticas na lingua da sección.

Tamén poden ser un bo elemento no que aproveitar a presenza do auxiliar de conversa no caso de seccións bilingües ou centros plurilingües que conten con ela.

Todos os que queirades iniciarvos nun proxecto deste tipo entrade na páxina de eTwinning, que é bastante intuitiva e rexistrádevos nela. Existen cada ano en setembro e xaneiro convocatorias de cursos do INTEF sobre como utilizar a plataforma e, se necesitades consultar algo, podemos axudarvos desde a Embaixada eTwinning.

15 fevereiro 2013

▬ ¿Cómo es tu colegio?

O proxecto "¿Cómo es tu colegio?", no que participaron o CPI dos Dices de  Rois  (profesora Céline Benmessaoud Lareo xuntamente con alumnado do Collège René Cassin, de L'isle  Jourdain ,Francia,  (profesor Igor Tellier) acadou   o Premio Nacional en España na categoría de proxectos de profesores noveles.

A profesora Céline Benmessaoud explica así o  seu proxecto:

"Animados polo desexo de afondar nas clásicas actividades de intercambio escolar decidiuse, dende l’Isle Jourdain (Collège René Cassin)  e Rois (CPPI Dos Dices), incorporar no programa de actividades do curso 2011-12 a gravación dun telexornal bilingüe e a adaptación teatral dun fragmento do Lazarillo de Tormes; ditas actividades pasarían a complementar a xa asentada xornada no colexio do correspondente, de xeito que o alumnado francés no só asistiría ás clases senón que crearíase para os participantes unhas clases de traballo colaborativo.

Cun tempo moi limitado - unha xornada - e cunha necesidade de espazo no cal verter e recoller tódalas ideas ou documentos do alumnado, antes e despois da gravación, o profesorado de linguas estranxeiras implicado decidiu iniciarse na plataforma virtual E-twinning que converteuse ao longo dos meses na ferramenta perfecta de Como è o teu colexio?. Grazas o seu blog, a súa wiki e os seus foros, os intercambios lingüísticos e culturais prolongáronse máis aló das datas da viaxe"

10 fevereiro 2013

Concursos eTwinning 2013


Lista de proxectos, profes e centros galegos con premio nos Concursos eTwinning 2013.


Premio nacional na categoría de profesores noveis:
¿Cómo es tu colegio? ► Artigo
Céline Benmessaoud Lareo (CPI  dos Dices, Rois)


Premio europeo na categoría especial de lingua española:
I tell you - You tell me a tale / Te cuento - Me cuentas un cuento ► Artigo
Susana Fontán (Colegio Internacional SEK-Atlántico, Poio)


Primeiro premio europeo na categoría de alumnos de 16 a 19 anos:
Pek, the Traveller Flea 3 - Evolution ► Artigo
Ciro Sánchez Suárez (IES Miguel Ángel González Estévez, Vilagarcía de Arousa)
Marcos Vence Ruibal (IES San Clemente, Santiago de Compostela)


Portal eTwinning.es  Lista de premios nacionais

Portal eTwinning.net ► Lista de premios europeos

Boletín da Consellaría de Educación: ► Artigo1 ► Artigo2