A profesora Céline Benmessaoud explica así o seu proxecto:
"Animados
polo desexo de afondar nas clásicas actividades de intercambio escolar
decidiuse, dende l’Isle Jourdain (Collège René Cassin) e Rois (CPPI Dos Dices), incorporar no
programa de actividades do curso 2011-12 a gravación dun telexornal bilingüe e a adaptación
teatral dun fragmento do Lazarillo de
Tormes; ditas actividades pasarían a complementar a xa asentada xornada no colexio do correspondente, de xeito
que o alumnado francés no só asistiría ás clases senón que crearíase para os
participantes unhas clases de traballo colaborativo.
Cun tempo
moi limitado - unha xornada - e cunha necesidade de espazo no cal verter e
recoller tódalas ideas ou documentos do alumnado, antes e despois da gravación,
o profesorado de linguas estranxeiras implicado decidiu iniciarse na plataforma
virtual E-twinning que converteuse ao longo dos meses na ferramenta perfecta de
Como è o teu colexio?. Grazas o
seu blog, a súa wiki e os seus foros, os intercambios lingüísticos e culturais
prolongáronse máis aló das datas da viaxe"