Durante os días 13/14/15 do
presente mes, dúas profesoras galegas: Ana Belén López do IES San Rosendo (Mondoñedo,Lugo) e Anxos Rial do IES de Poio (Poio, Pontevedra) tivemos a
oportunidade de participar en Madrid nun encontro de profesores etwinning de
varios países europeos ( Suíza, Francia, UK, República Checa, Italia, Suecia e España). Desde o primeiro encontro
empezamos xa a nos relacionar, a coñecernos e na primeira ponencia xa eramos
cinco profesores; estes contactos foron increméntandose durante os tres días,
xa por propia iniciativa do profesorado ou grazas á posta en práctica dos
obradoiros; durante os almorzos, os xantares... o intercambio de experiencias
foi constante, curiosidade, preguntas, comentarios, sorrisos nun ambiente moi
receptivo e do máis cordial.
“Experimentados” etwinners man a
man con “novatos” etwinners, innovando, compartindo e colaborando; os nosos
anfitrións do SNA español acompañábannos e
animábannos, cociñamos xuntos “un fermoso proxecto”, asociámonos, noivos
e noivas e o sábado pola mañá expuxemos os nosos proxectos: de Inglaterra a
Galicia, de Aragon para Italia, de Galicia para Francia... o amor literario, a
física, as linguas clásicas, as linguas modernas, a diversidade e mil temas
máis variados, ricos, divertidos.O
encontro resultou intenso e moi enriquecedor,
superados os primeiros momentos das presentacións todos puidemos
comprobar que grazas a unha lingua común podiamos comunicarnos con moita
fluidez. Sorprendeunos agradablemente a estrutura das actividades en plenarias
e talleres, a información e a práctica, o que facilitou a aprendizaxe e a
receptividade por parte dos asistentes.O
reparto aleatorio dos participantes nos talleres e na Gymkana facilitou que os
mesmos interactuaran con moita fluídez, propiciando o intercambio de
experiencias e o coñecemento entre eles, de aí a cantidade de “noivos e noivas”
que se reuniron para crear novos proxectos.Entre
todas as ponencias destacou a posta en escea da plenaria 'Cómo cocinar un
delicioso proyecto eTwinning' teatralizada por Annette Westerop y Rosario
Ortega Pérez, miembros del SNA eTwinning, demostrando que a transmisión dos
contidos pode ser orixinal, amena e
divertida.A
valoración que facemos pois do encontro é xa que logo moi positiva pola
formación do docente cara a apertura de novos proxectos e porque propiciou a
nosa posta en contacto con profesorado europeo: “vernos as caras” e
“comunicarnos en directo” . Artigo do SNA