Plan de mellora de equipamentos TIC da Embaixada eTwinning Galicia, Segunda Edición.
O IES San Clemente, en colaboración coa Embaixada eTwinning Galicia, participa no plan de mellora de equipamentos dos centros novos en eTwinning que necesiten axuda para realizar os primeiros proxectos na plataforma.
Nesta edición, a solicitude de Marinela Rodríguez Losada, directora do CEIP San Xoán de Becerreá, en Lugo, foi a seleccionada para a cesión, que recibiu os ordenadores de mans da Embaixadora eTwinning en Galicia Susana Vázquez Regueiro,
A dotación foi de dous ordenadores portátiles, e levouse a cabo o día 7 de abril de 2014.
A selección está en relación coa obtención de dous Selos de Calidade (Nacional e Europeo) no primeiro ano de desenvolvemento dun Proxecto eTwinning deste centro. O proxecto de referencia é O Principiño que vive na Biblioteca e levouse a cabo na aula de Pedagoxía Terapéutica.