O profesor Juan Antonio Gonzalez Parga envíanos este resumo do Proxecto que están a levar a cabo no seu centro Nuestra Señora del Carmen (Betanzos):
Por que
consumimos mazás de Arxentina, Austria ou Chile cando temos a nosa propia
produción? Unha sinxela pregunta como esta foi o xerme do noso proxecto:
“Triple AAA: All About Apples”
As mazás
sempre foron usadas como símbolos da orixe do mundo en moitos países europeos.
Pódense atopar en campos como a arte, agricultura, economía e ciencia. Ademais,
pódense atopar en todos os países e en calquer momento do ano. Sobre todo, consideramos
que as mazás poden acercar á xente, e incrementar a sua cidadanía europea.
Plantación dunha maceira en Francia, durante a primeira visita do proxecto. |
Con este fin naceu o noso proxecto: “Triple
AAA: All About Apples”, formado por 9 países: Alemaña, Bulgaria, Estonia,
Italia, Inglaterra, Francia, Austria, Chipre e España. Un tema tan,
teóricamente, simple resultou ser apaixoante.