13 junho 2014

▬ Triple AAA: All About Apples

O profesor Juan Antonio Gonzalez Parga envíanos este resumo do Proxecto que están a levar a cabo no seu centro Nuestra Señora del Carmen (Betanzos):

Por que consumimos mazás de Arxentina, Austria ou Chile cando temos a nosa propia produción? Unha sinxela pregunta como esta foi o xerme do noso proxecto: “Triple AAA: All About Apples”

As mazás sempre foron usadas como símbolos da orixe do mundo en moitos países europeos. Pódense atopar en campos como a arte, agricultura, economía e ciencia. Ademais, pódense atopar en todos os países e en calquer momento do ano. Sobre todo, consideramos que as mazás poden acercar á xente, e incrementar a sua cidadanía europea.

Plantación dunha maceira en Francia, durante a primeira visita do proxecto.

Con este fin naceu o noso proxecto: “Triple AAA: All About Apples”, formado por 9 países: Alemaña, Bulgaria, Estonia, Italia, Inglaterra, Francia, Austria, Chipre e España. Un tema tan, teóricamente, simple resultou ser apaixoante.


No proxecto perseguimos os contactos interculturais e implementar o pensamento europeo na escola, respectar as diferenzas , mellorar as competencias lingüísticas e persoais con reunións internacionais nun grato ambiente sobre este tema con presentaciónns, cancións, poemas, cadros, plantando árbores, cociña, xogos, organizando festivais e escribindo historias. As reunións do proxecto permitiron entrevistar a productores de mazás, nutricionistas, e visitar todo tipo de lugares relacionados co tema do proxecto. As asignaturas implicadas son moitas e variadas, polo que cada socio pode incluir o tema no seu curriculum e centrarse en campos do seu interese e as características específicas da rexión na que viven.

Asignaturas como matemáticas, ciencias, arte, música, física, química, medioambiente, economía e ecología utilizaron este proxecto para ensinar ós alumnos/as dun xeito más creativo e entusiasta. Os alumnos/as verán a coherencia entre todos os temas e serán conscientes da importancia das mazás nas reunións internacionáis en con presentaciónns nas escolas.

Todos os resultados son compartidos e diseminados de xeitos varios: na nosa propia páxina web: www.comenius-apples.com, s-apples.com, DVDs, periódicos locais, etc.