24 março 2015

Difusión eTwinning: Sobe a un proxecto en marcha!


Este é o segundo curso en que temos en funcionamento o programa Sobe a un proxecto en marcha, para profesorado e alumnado non eTwinner que quere experimentar a aventura europea.

Nesta ocasión, o proxecto "A Luz Digital" entre a Escola Básica Francisco Ornêlas de Càmara, en Azores, e o CEIP San Xoán de Becerreá, en Galicia, colaborou nesta campaña abrindo unha actividade de votación sobre o entroido portugués.

Na actividade, que podes ver neste enlace, propoñíanse tres vídeos que había que votar en función dos traxes, as voces e as músicas máis valoradas.


Os grupos participantes en España foron:

- O CEIP Virxe do Portal, en Sobrado, A Coruña, con alumnado de primeiro ciclo de primaria.
- O CEIP Luís Pimentel, en Lugo, con alumnado de terceiro de primaria.
- O CEIP San Xoán de Becerreá, en Lugo, con alumnado de quinto de primaria.

En Portugal, os grupos participantes foron:

- EB1/JI de Flamengos, ilha do Faial
- EB1,2,3/JI Francisco Ornelas da Câmara, 4º ano.



17 março 2015

eTwinning na II Xornada de LEs

O sábado 14 de marzo celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a II Xornada de Linguas Estranxeiras na que eTwinning estivo presente da man de Marcos Vence e Ana Arias entre outros.