Este é o segundo curso en que temos en funcionamento o programa Sobe a un proxecto en marcha, para profesorado e alumnado non eTwinner que quere experimentar a aventura europea.
Nesta ocasión, o proxecto "A Luz Digital" entre a Escola Básica Francisco Ornêlas de Càmara, en Azores, e o CEIP San Xoán de Becerreá, en Galicia, colaborou nesta campaña abrindo unha actividade de votación sobre o entroido portugués.
Na actividade, que podes ver neste enlace, propoñíanse tres vídeos que había que votar en función dos traxes, as voces e as músicas máis valoradas.
Os grupos participantes en España foron:
- O CEIP Virxe do Portal, en Sobrado, A Coruña, con alumnado de primeiro ciclo de primaria.
- O CEIP Luís Pimentel, en Lugo, con alumnado de terceiro de primaria.
- O CEIP San Xoán de Becerreá, en Lugo, con alumnado de quinto de primaria.
En Portugal, os grupos participantes foron:
- EB1/JI de Flamengos, ilha do Faial
- EB1,2,3/JI Francisco Ornelas da Câmara, 4º ano.