01 setembro 2019

▬ Show your love

A profesora Arancha Pernas Temes do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, Boiro, ven de poñerse en contacto coa Embaixada eTwinning en Galicia para comunicarnos a concesión do Selo de calidade nacional para o proxecto Show your love.

Deixamos aquí o resumo do proxecto feito pola profesora.
Parabéns a todos os participantes no proxecto!


Show your love (Amosa o teu amor)  xurdiu da colaboración entre diferentes países de toda Europa (Turquía, Ucrania, Croacia, Italia, Serbia, Romanía, Portugal, Macedonia e o noso centro desde España) a través da plataforma eTwinning, onde mestres de diferentes países traballan de forma colaborativa cos seus alumnos en proxectos co fin de coñecer distintas culturas e cuxa lingua vehicular é o inglés.

O principal obxectivo do proxecto foi traballar a expresión de emocións en distintos ámbitos e mellorar a competencia comunicativa e dixital. O proxecto inicial estaba enfocado para o alumnado de 5º de Educación Primaria, pero unha vez exposto ante o claustro, os mestres encargados de dinamizar a biblioteca decidiron acollelo como tema principal ao longo do curso, o que fixo que trascendera da miña aula de inglés e implicara a moitos máis alumnos e mestres.ç

 O proxecto dividiuse en 3 etapas:
- 1º trimestre: mostrar amor hacia os animais. Por unha banda, creamos un mural coas fotos dos alumnos e as súas mascotas. E, por outra banda, participamos na gravación da canción “Old Macdonald had a farm” entre todos os centros europeos.

- 2º trimestre: mostrar amor hacia os demais e en especial hacia os maiores. Nesta etapa tamén levamos a cabo dúas actividades: a primeira foi proposta polos fundadores do proxecto, que consistiu en formar parellas entre os centros participantes de forma aleatoria e gravar aos alumnos dicindo “Te quiero” na lingua do país seleccionado. No noso caso os alumnos de 5º tiveron que dicilo en turco, que sería “Seni sevyorum”. Nós pedímoslles que ademáis de dicilo en castelán, tamén o gravasen en galego, explicándolles que na nosa autonomía temos unha lingua cooficial. A maiores, dende o noso centro fixemos dúas saídas. O alumnado de 1º a 3º de primaria visitou o Centro de Día de Boiro e o alumnado de 4º a 6º o Cotolengo en Santiago. Nestas visitas intercambiaron distintas actividades e xogos cos maiores ademáis de levarlles un agasallo moi especial. Dado que o centro é plurilingüe na área de plástica, o alumnado elaborou uns paxariños e unhas rosas de fieltro, en función do grao de dificultade, para poñer na solapa da chaqueta que lles entregaron o día da visita.

- 3º trimestre: mostrar amor e respecto hacia a natureza e o medio ambiente, fase levada a cabo en colaboración con Manos Unidas a través da elaboración dun horto ecodidáctico, onde unha enxeñeira agrónoma explicou ao alumnado de todo o centro todas las labores de labranza. Asimesmo, e a través dun contaconto, concienciouse ao alumnado acerca do consumo responsable."