O I.E.S
Valle Inclán de Pontevedra xunto con tres institutos franceses, o Jean Vilar, de Villeneuve
Lez Avignon, onde o alumnado
estuda o español e teñen a educación física nesa lingua, o Erea de Versailles e
o Felix Faure de Beauvais teñen novo Proxecto eTwinning neste cursos escolar..
O contido do proxecto Rrrrrr
: Renunciar, Reducir, Reparar, Reutilizar, Reciclar, Restituír a Terra podiamolo
resumir así:
Trátase dun proxecto que ten por temática principal o desenvolvemento
sostible e máis particularmente a xestión dos residuos ao redor de 6 accións
clave: Renunciar, Reducir, Reparar, Reutilizar, Reciclar e Restituír a Terra.
Desexamos que o noso alumnado reflexione sobre a súa xestión diaria (na casa e
no instituto) dos residuos e fagan suxestions para mellorar.
Os alumnos/as comezan por coñecerse (preséntanse e ensinan o medio no que viven) e así defínense os termos do proxecto.
Logo solicítaselles que deseñen un logo, un slogan publicitario, xogos virtuais e titoriais e, en segundo lugar, que fagan unha acción concreta no seu centro relacionada co proxecto.
Os alumnos/as comezan por coñecerse (preséntanse e ensinan o medio no que viven) e así defínense os termos do proxecto.
Logo solicítaselles que deseñen un logo, un slogan publicitario, xogos virtuais e titoriais e, en segundo lugar, que fagan unha acción concreta no seu centro relacionada co proxecto.
OBXECTIVOS
- Mellorar as competencias do alumnado en
informática (utilización das TICS)
- Mellorar as competencias en linguas
estranxeiras (Francés).
- Abrirse aos outros (a nivel local e
europeo)
- Permitir ao alumnado ter unha visión sobre o
mundo que os rodea: Ser cidadáns conscientes
- Fomentar o respecto mutuo fronte aos demais e
ao seu contorno.
- Abrirse a novos hábitos de vida, desenvolver
novos coñecementos, saber facer.
- Colaborar con asociacións locais, pais, etc...
- Observar, comprender, imaxinar (exercer a
creatividade) .
- Desenvolver unha mente crítica para cuestionar
e emprender mellor.
- Entenderse no seo dun grupo para levar a cabo
un proxecto.
- Escoitar as opinions dos outros, saber
escoitar.
- Entrar nunha dinámica de traballo (a curto,
medio e longo prazo)