A profe Tamara Carreira, envíanos este artigo sobre o proxecto “Robot European Dance” que integraba a robótica e a cultura propia, e tiña por obxectivo promocionar o baile tradicional mediante a programación de robots bailaríns. Cada centro debía programar unha coreografía típica do seu país e compartila co resto de socios, para que todos coñecesen e bailasen as danzas propias de cada lugar cos seus respectivos robots. Como proxecto final, debíamos deseñar unha danza colaborativa e bailar todos xuntos por videoconferencia.
Participamos cinco centros de tres países diferentes (dous españois, dous polacos e un grego). No noso caso, o alumnado participante cursaba 4º curso de E. Primaria e os robots empregados eran os mBots do Programa da Consellería de Educación "Introdución á Robótica Educativa na Educación Primaria". Pero as idades dos demais participantes, así como os robots empregados, eran moi variados; o que dificultaba a programación e propoñía retos que debiamos resolver en equipo.
O primeiro paso, foi coñecer os mBots e explorar as súas posibilidades. Fixemos unha pequena presentación para os demais centros participantes e tamén coñecemos os robots que eles empregarían: beebots, ozobots, photón, thymio... Ata votamos polo noso robot favorito.
A “Muiñeira dos Nenos” foi a música e danza elexida, adaptándoa ás posibilidades dos mBots. Programamos puntos e picados para os bailadores e bailadoras. E cando o baile estivo rematado, vestimos os mbots con saias e monteiras para a ocasión e gravámolo en video para que reproduciran os nosos compañeiros.
A nós tocounos facer o mesmo cos seus bailes: o chotis, o valse, a gerakina, as sevillanas, a polonesa... Foi moi divertido e enriquecedor visualizar os videos e tratar de
decodificar cada paso. Había que calcular tempos, velocidade, ángulos de xiro...
Cando todos bailamos todas as danzas, comezamos a elaborar unha coreografía conxunta. E de aí saíu a danza final que bailamos mediante videoconferencia coa música “It’s a small world”. Para finalizar, autoavaliámonos e cada centro elixiu o seu baile favorito. Como curiosidade, a muiñeira saíu elexida como a danza máis fermosa de todas as traballadas.
decodificar cada paso. Había que calcular tempos, velocidade, ángulos de xiro...
Cando todos bailamos todas as danzas, comezamos a elaborar unha coreografía conxunta. E de aí saíu a danza final que bailamos mediante videoconferencia coa música “It’s a small world”. Para finalizar, autoavaliámonos e cada centro elixiu o seu baile favorito. Como curiosidade, a muiñeira saíu elexida como a danza máis fermosa de todas as traballadas.
Con este proxecto, os tres países participantes recibimos o Selo de Calidade Nacional e, posteriormente, tamén o Selo de Calidade Europeo. A prensa escrita fíxose eco deste recoñecemento e o programa Luar da Televisión de Galicia convidounos a bailar a nosa “Muiñeira dos Robots” en directo para os seus telespectadores.
GENIALLY
XORNAL “LA VOZ DE GALICIA”
PROGRAMA LUAR