Por segundo ano consecutivo, o CAFI organiza o seguimento de proxectos eTwinning en colaboración coa Embaixada eTwinning en Galicia.
Esta colaboración ten como finalidade que os centros participantes nesta modalidade do Plan Proxecta consigan desenvolver un proxecto eTwinning de calidade en relación ao patrimonio cultural.
O seguimento faise desde a aula CAFI e, durante este curso, Carmen Fernández e Susana Vázquez, acompañarán a 11 centros de Infantil e Primaria, Secundaria e Escolas Oficiais de Idiomas na creación e desenvolvemento dos seus proxectos eTwinning.
Sen dúbida é unha boa ocasión de formación! Non vos perdades os resultados deste proceso e valorade a posibilidade para o próximo curso!!