04 novembro 2022

A Embaixada eTwinning Galicia no XII Congreso Estatal de EOI

Durante os días 27-9 de outubro celebrouse na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o XII Congreso Estatal de EOI O Camiño das Linguas, unha oportunidade única para coñecer o traballo que se leva a cabo nestes centros e desfrutar o espíritu colaborativo e emprendedor da comunidade de profesores de EOI.


Entre os numerosos talleres, conferencias  plenarias e ponencias, queremos resaltar a da nosa Embaixadora Carmen María Fernández Rodríguez co título "Comunidad escolar e eTwinning". Centrouse no proxecto "Euroheroes of our time" levado a cabo no seu centro no curso 2021-22.



Compartimos imaxe da súa ponencia e o enlace á presentación CANVA.



Pílulas eTwinning no Proxecto SBLENDID

O día 24 de setembro celebrouse no auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) a xornada "O proxecto SBLENDID. Un percorrido conxunto das Escolas Oficiais de Idiomas Galegas". Supuña peche do Proxecto Erasmus SBLENDID que levou a cabo o CAFI e no que participaron 10 EEOOII de toda Galicia.

Neste evento impartíronse mini-pílula sobre os produtos creados nos proxectos. A nosa embaixadora Carmen María Fernández Rodríguez aportou material creado durante o proxecto "Euroheroes" na EOI da Coruña no curso 2021-22.



Os asistentes amosaron moito interese polos proxectos eTwinning do centro e compartiron impresións sobre este tipo de iniciativas.