04 novembro 2022

Pílulas eTwinning no Proxecto SBLENDID

O día 24 de setembro celebrouse no auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) a xornada "O proxecto SBLENDID. Un percorrido conxunto das Escolas Oficiais de Idiomas Galegas". Supuña peche do Proxecto Erasmus SBLENDID que levou a cabo o CAFI e no que participaron 10 EEOOII de toda Galicia.

Neste evento impartíronse mini-pílula sobre os produtos creados nos proxectos. A nosa embaixadora Carmen María Fernández Rodríguez aportou material creado durante o proxecto "Euroheroes" na EOI da Coruña no curso 2021-22.



Os asistentes amosaron moito interese polos proxectos eTwinning do centro e compartiron impresións sobre este tipo de iniciativas.