11 dezembro 2023

"From the Classroom to Lifelong Success:Nurturing Essential Competences" eTwinning Onsite Course




Durante os días 9, 10 e 11 de novembro de 2023, celebrouse en Sevilla ,o eTwinning Onsite Course "From the Classroom to Lifelong Success:Nurturing Essential Competences" ,con representación da Embaixada Galega.

Este taller de desenvolvemento profesional estaba dirixido a profesores de educación infantil e primaria. O enfoque destes talleres tivo por obxectivo o reforzar a comprensión dos participantes sobre o desenvolvemento de diversas competencias, entre as que destacan as dixitais (DigiComp), empresariais (EntreComp), de aprendizaxe permanente (LifeComp) e de sustentabilidade (GreenComp). Todo iso en relación coa formalización e creación de proxectos a través da plataforma eTwinning.

O grupo  da delegación española estivo composto por cinco mestras embaixadoras eTwinning, de distintos puntos da nosa xeografía: Xema Sánchez (Valencia), Miriam Rodríguez (Málaga), Mari Luz Castelán (Barcelona), Lucía  Villar (Ceuta), Mela Rodríguez (Galicia), Juan Carlos Garrido e Miriam Olga Cecilia (Servizo Nacional de Apoio eTwinning, España).

Enlace ao artigo publicado na web do SNA español.Ceremonia de Entrega de Premios Europeos eTwinning 2023. (Categorías Infantil y Primaria)



09 dezembro 2023

Proxecto eTwinning galego consegue un Premio Nacional eTwinning en Grecia

 

O proxecto eTwinning EnigMath, no que participou a profesora e embaixadora eTwinning Esther Pérez (IES de Beade, Vigo), ven de recibir o primeiro Premio Nacional eTwinning, na categoría de 16-19 anos, en Grecia, país do outro centro participante no proxecto, o  Model Upper Secondary School of Agioi Anargyroi , de Atenas. 

Logo do proxecto


O obxectivo do proxecto era principalmente poñer en práctica as habilidades matemáticas, lóxicas e de pensamento computacional, propoñendo e resolvendo acertixos matemáticas. Nunha primeira fase, os alumnos, organizados en pequenos grupos, propoñían retos aos alumnos do centro socio, e logo avaliaban as súas respostas segundo unha rúbrica acordada por eles mesmos. Na segunda fase, fixéronse grupos internacionais, tras cubrir unha enquisa de afinidades, e propuñan retos a outro grupo.

Como produto final, elaborouse unha presentación que recopilaba, en inglés, galego e grego, todos os retos propostos.

Houbo premios, enviados dende un centro ao outro, para os gañadores das distintas fases.



O proxecto expúsose na feria de fin de curso no IES de Beade, onde alumnos participantes explicaron ao resto da comunidade educativa como funcionou, e lles propuñan algún dos retos que seleccionaran para o proxecto.